Buscador
Noticias
Fugadedescerebrados e Cero Veinte foron elaborados por alumnos de 2º dos ciclos superiores de Realización e Produción. Os equipos de rodaxe, alumnos e docentes da EIS asitiron á proxección das miniseries no Pazo de San Marcos.
O Stand de Galicia en Bolonia conta coa presenza de 17 editoriais galegas, cos escritores Antonio García Teijeiro e Fina Casalderrey, e cos ilustradores David Pintor e Manel Craneo.
Promovida polo Xacobeo, a mostra de acuarelas Os camiños de Santiago. Segundo Hevia na colección Caixa Galicia enmárcase nos actos previstos no Camiño Contemporáneo e exhíbese ata o 6 de xuño na sede náutica da entidade financeira galega.
Coincidindo coa celebración do Día da UNED o catedrático de Literatura Galega Xesús Alonso Montero foi investido doutor honoris causa por esta universidade que conmemora o seu 37º aniversario con 61 centros asociados en España e 16 de apoio no estranxeiro.
As Consellerías do Mar e de Medio Rural apoian a participación de máis dun centenar de empresas galegas na feira Alimentaria 2010, en Barcelona. Os conselleiros apostan por abrir novos nichos para as mercancías galegas.
O ministro de Cultura, Ángel Gabilondo, participu en Compostela na inauguración da Conferencia sobre Universidades Emprendedoras que organiza a Presidencia española da Unión Europea (UE), e destacou a importancia do Campus Vida como pulmón de Galicia.
Sweetgrass e Sanya e Pardal son recoñecidas ex aequo como as mellores longametraxes da edición 2010, mentres que Alberte Pagán álzase co galardón na sección de Documentais Galegos por Tanyradzwa.
Raquel Arias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, destacou a importancia de lograr a conectividade da totalidade do territorio galego para igualar as oportunidades da zona rural e a urbana na expansión e implantación de Internet. Reiterou o compromiso da Xunta con Lugo no Plan de Banda Ancha durante a presentación da Guía Webs de Galicia.
Las instalaciones del Seminario de Lugo fueron inauguradas tras su remodelación en un acto al que asistieron dos arzobispos -Santiago y Oviedo-, los obispos de Mondoñedo-Ferrol, Astorga y Tui-Vigo, y numerosas autoridades lucenses.
La Junta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro presentó en Santiago de Compostela su programa oficial de actos, en el marco de una peregrinación enmarcada en la celebración del Xacobeo 2010 que incluyó una ofrenda al Apóstol en la Catedral compostelana.