“Ponte en camiño... eres misioneiro”. Asíreza o lema para a Xornada misioneira dos nenos deste ano 2007. Esa é a mensaxe que se nos quere transmitir. Cando aínda resoan os ecos das mensaxes consumistas de Nadal e Reis, un pregúntase se estamos preparados para recibir outra mensaxe distinta ou oposta á deses días.
A Xornada da Infancia Misioneira quere espertarnos desa tranquilidade en que adormecemos pensando que a nosa vida non ten outro punto de referencia que nós mesmos.
Miramos máis alá das nosas fronteiras para sentirnos irmáns de tantos nenos de países de misión e ó mesmo tempo recordarlles ós nenos das nosas comunidades cristiás esta realidade.
Cando un escoita o testemuño dun misioneiro ou misioneira e nos conta realidade do mundo en que desenvolve a súa misión, espértanse en nós sentimentos de admiración para o seu labor e de esperanza polos froitos do seu traballo. Pero ó mesmo tempo ábrese ante nós a visión dun campo inmenso de desigualdade, de xustiza ede descoñecemento dos países e campos da misión. ¡Cántos nenos inxustamente tratados, famentos, maltratados, sen os dereitos máis elementais!.
Estamos ante unha Xornada dirixida ós nenos, pero son os pais e educadores os que teñen o compromiso dunha educación nunha liña de fraternidade universal ede apertura ós problemas de tantos irmáns. Cando se dá esa educación, sí que os nenos sentirán tamén o compromiso dunha preocupación polos demais, non limitando a súa vida a un círculo pechado arredor de si mesmos.
"Ponte en camiño...", díselle ós nenos nunha exhortación a non quedarse nas propias comodidades e sair ó encontro das necesidades dos demais. Pero, para iniciar este camiño eandalo con seguridade, os nenosnecesitan unha man que os ampare e os guíe no seu camiñar. Esa man ensinaraos a renunciar a cousas para compartir a fe e a riqueza queeles teñen cos que están faltos delas; e a responsabilizalos na tarefa de anunciar o Evanxeo ós nenos que non o coñecen.
A Diocese de Lugo recaudou o ano pasado, nesta campaña, 17.679 euros. Foron para paliar as enormes carencias que existen nos países de Terceiro Mundo Mundo e soster as diversas institucións encamiñadas a axudar ós nenos destes países máis necesitados.
No nome deles e dos misioneiros que entregan a súa vida a esta nobre causa, moitas grazas.
Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

