Notas de prensa

Inaugurada en Palas de Rei a exposición Galiciadixital

Trátase dunha mostra itinerante de novas tecnoloxías aplicadas á comunicación que foi visitada xa por máis de 400.000 persoas. Permanece en Palas de Rei ata o domingo, 4 de marzo.

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, puxo de manifesto o “compromiso da Xunta de Galicia por divulgar os últimos avances en audiovisual e multimedia” a través de diferentes iniciativas, como é o caso da exposición itinerante Galiciadixital. Fernández Iglesias, fixo estas declaracións durante a presentación realizada esta mañá no municipio lugués de Palas de Rei desta exposición. No acto, o director xeral estivo acompañado polo alcalde do municipio, Fernando Pensado Barbeira, así como por alumnos e profesores do IES de Palas de Rei, entre outros.

A mostra, que organiza a Secretaría Xeral de Comunicación ten un carácter itinerante e amosa a aplicación das novas tecnoloxías á comunicación. Trátase dunha exposición baseada en producións virtuais e multimedia “de primeira liña” realizadas en Galicia, na que as novas tecnoloxías serven como pretexto para introducir ao visitante “nesa nova Galicia que traballa por incorporarse en papel protagonista á sociedade da información e do coñecemento”.

Así mesmo, o director xeral de Comunicación Audiovisual sinalou que a mostra amosa “unha faceta máis do compromiso da Xunta de Galicia pola innovación, a investigación e o desenvolvemento”, por canto pretende servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais, realizados por empresas e universidades galegas.

Contido e finalidade da mostra

Galiciadixital ten como principal finalidade achegar o audiovisual e os multimedia á cidadanía, a través da converxencia entre arte e tecnoloxía. Así mesmo, foi pensada como plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais realizados por empresas e institucións galegas.
As novas técnicas e ferramentas empregadas na mostra introducen ao visitante nunha atmosfera especial que nos amosa unha Galicia diferente. Créase, mediante tecnoloxías innovadoras, unha viaxe de sensacións, imaxes, luces e sons que envolven ao visitante e lle permiten gozar dunha experiencia nova e divertida.

Visitantes

Máis de 400.000 persoas visitaron esta mostra, con sede permanente no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. Dende hai aproximadamente un ano leva percorrendo os distintos puntos da Comunidade Galega.

A exposición Galiciadixital ten entrada gratuíta e permanece aberta na Casa da Cultura de Palas de Rei ata o domingo 4 de marzo con horario de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2007-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (consello_xunta_noviembre08.jpg) Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Foto de la tercera plana (75_anos_cadena_ser.jpg) Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

Notas

La celebración del Día Mundial de los derechos de la Infancia trajo hasta Compostela un Compromiso por la Educación de la mano del coordinador de la Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas abre una delegación en Santiago.
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información