Notas de prensa

Galicia e Cuba asinan o primeiro protocolo de colaboración en cine

O acordo inclúe o desenvolvemento bienal de semanas de cine galego e cubano, e o intercambio de fondos patrimoniais.

O intercambio de materiais audiovisuais entre o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e o Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC), a realización de semanas de cine galego en Cuba e viceversa, nas que se proxectará material inédito, e a promoción de coproducións cinematográficas constitúen os tres aspectos más importantes do protocolo asinado na Habana por Fernando Salgado, presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, e Omar González, presidente do ICAIC.

Ao mesmo tempo, o Consorcio Galego comprometeuse a propor a incorporación de Cuba ao Fondo Raíces, no que se integran ademais de Galicia, Cataluña, Andalucía e Arxentina. Estas xestións completan as que se realizaron en Brasil recentemente.

Na rolda de prensa dada na Habana por Fernando Salgado e Omar González, á que asistiron unha trintena de medios cubanos e que tivo lugar no Centro Cultural “Fresa y Chocolate”, o presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia ofreceu a comunidade galega como “porta de entrada do cine cubano en Europa”. “Este acordo establece unha ponte de celuloide que une ao noso país con Cuba”, concluíu Salgado.

Pola súa banda, Omar González asegurou que “Galicia y Cuba cuentan con lazos históricos visibles que pasan por la transferencia cultural y de nuestras costumbres”, ao tempo que indicou que “ a los gallegos les corresponde el protagonismo de España en Cuba porque aquí todos los españoles son gallegos”. “Galicia y Cuba compartimos un patrimonio que fluye a través de lazos que construyó nuestra historia”, incidió el presidente del ICAIC.

O acordo subscrito en Cuba engádese aos que xa se subscribiron con Arxentina e, recentemente, con Brasil, o que supón unha mostra máis de que Latinoamérica constitúe un mercado clave para o audiovisual galego.

Apoio á produción

No mesmo acto asinouse un acordo entre AGAPI e AEGA, por parte galega, coa produtora internacional do Instituto Cubano das Artes Cinematográficas. O acordo inclúe tres colaboracións importantes. Por unha banda, a posta en marcha dun proxecto para desenvolver un documental sobre o Cabaleiro de París, personaxe singular, nacido en Lugo en 1899 e que, na década dos anos 20, se desprazou a Cuba, onde se converteu nun símbolo polo seu carácter e forma de ver a vida. En segundo lugar, a iniciativa para a elaboración dun documental da pegada dos galegos en Cuba desde comezos do século XX. Como terceiro acordo, está o proxecto Cimarrón, que pretende levar ao terreo audiovisual a novela de Miguel Barnet, escritor cubano que conta a historia dos últimos escravos en Cuba.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2007-04-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (reyes_magos_carroza_melchor.jpg) Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Foto de la tercera plana (lolita_portada_madre.jpg) Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

Notas

Os artesáns e obradoiros artesáns interesados en participar deberán presentar as súas candidaturas entre o 1 e o 18 de abril de 2009 na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Outro triunfo de Internet : Internet, coa forza imparable que ten este medio, ven de absorber e facer de...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información