Notas de prensa

As empresas metalúrxicas terán o equipo de Aimen á súa disposición na Tecnópole

A nova delegación do centro tecnolóxico galego en Ourense foi presentada polo seu xerente, Jesús Lago.

O equipo de expertos da Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (Aimen) está a disposición das empresas ourensás do sector que necesiten soporte en proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i). A nova delegación do centro tecnolóxico galego en Ourense foi presentada polo seu xerente, Jesús Lago, na Tecnópole, onde estará situada.

Tanto Lago coma o delegado de Aimen en Ourense, Alberto Martínez, explicaron no Parque Tecnolóxico de Galicia que a entidade, que ten a súa sede central na localidade pontevedresa do Porriño, buscará posicionarse no recinto do concello de San Cibrao das Viñas como polo de atracción de novas empresas e de captación de capital empresarial para Ourense.

A instalación dunha oficina técnica de Aimen na Tecnópole foi aprobada hai tres meses e entre os seus obxectivos específicos figuran darlles soporte en I+D+i ás empresas relacionadas co sector metalúrxico situadas nese mesmo recinto e nas zonas industriais limítrofes e funcionar como un elemento dinamizador para a modernización tecnolóxica do sector privado.

Outra das metas da nova delegación de Aimen en Ourense é detectar
necesidades tecnolóxicas das empresas do sector do seu contorno, segundo expuxo a xestora en I+D+i do centro, Rocio Alonso.

Servizos integrais

O centro tecnolóxico galego do sector metalúrxico conta con 78 empresas asociadas e máis de 500 clientes. Ao longo dos seus 40 anos de actividade, Aimen vénse centrando no desenvolvemento e fortalecemento da capacidade competitiva das empresas do seu sector a través do fomento e a execución de actividades de I+D+i.

Ademais, dedícase á prestación de servizos tecnolóxicos de alto valor engadido; o fomento e a execución da investigación, o perfeccionamento e o desenvolvemento dos materiais e das súas tecnoloxías de unión; a prestación de asistencia e servizos tecnolóxicos; a colaboración na transferencia de resultados de investigación entre os centros e as empresas; e a prestación
de asistencia, formación e perfeccionamento de persoal técnico,
investigadores e operadores. Ademais, realizan tarefas de consultoría en calidade, medio ambiente, organización, produción, mantemento, innovación e planificación estratéxica.

Noemia Ortega (Tecnópole), 2007-06-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (reyes_magos_carroza_melchor.jpg) Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Foto de la tercera plana (lolita_portada_madre.jpg) Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

Notas

Os artesáns e obradoiros artesáns interesados en participar deberán presentar as súas candidaturas entre o 1 e o 18 de abril de 2009 na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Outro triunfo de Internet : Internet, coa forza imparable que ten este medio, ven de absorber e facer de...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información