Notas de prensa

A Fundación Iniciativas 21 analiza: Na Metade do Camiño

Membros do Goberno galego asisten a este acto presidido polo titular do Executivo autonómico.

A este acto asistiron membros do actual goberno autonómico como os Conselleiros de Presidencia, José Luís Ménedez Romeu, a Conselleria de Sanidade, María José Rubio Vidal, e a Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, Secretarios e Directores Xerais e o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez touriño.
Tamén están presentes membros de outras institucións públicas como o Delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, o Presidente da deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda e o Alcalde de Santiago de Compsotela, Xosé Sánchez Bugallo.

O sector empresarial galego está amplamente representado con asistentes pertencientes a tódolos sectores. Participan nesta xornada: Alfonso López Pena (Losan), Ángel Jove (IRCO), Bartolomé Vidal (grupo Clave), José Bretón (Isidor de la Cal), José Cruz (Leche Celta), José Manuel Rivera (Estrella Galicia), José María Farto (Acciona), Juan Carlos Cebrián (Inditex), Luís Díaz (Fenosa), Roberto Tojeiro, (Grupo IFA), entre outros.

Tamén está representado o mundo da Universidade, como a Catedrática e Vicepresidenta da Fundación Inciativas 21, Mª Xosé Rodríguez Galdo, ou da mediciña, como José Buitrón.
Membros da cultura e do Padroado da Fundación Iniciativas 21 asisten a este acto de conmemoración de dous anos de goberno.

A Fundación Iniciativas 21 conmemorou e analizou os dous primeiros anos do actual goberno nun acto nomeado “Na Metade do Camiño”, e que tivo lugar ás 20.00h no Hotel Meliá Araguaney de Santiago de Compostela.

O acto consistiu nunha mesa redonda presidida por Ramón Máiz Suárez, presidente da Fundación, e na que participaron, Darío Villanueva Prieto, ex-reitor da USC, Ángel Carracedo Álvarez, Director do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Javier Riera Nieves, Vicepresidente Executivo da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, e José Lorenzo López, Director de San Luis.

Segundo o presidente da Fundación Iniciativas 21, o cambio de goberno que tivo lugar hai dous anos mudou a percepción e a realidade da política autonómica galega creando novas expectativas. Ramón Máiz destacou o papel da Fundación como ámbito de encontro da sociedade civil, e como dinamizador do pensamento socialdemócrata en Galicia.

Os poñentes fixeron breves intervencións, nas que cada un aportou a súa sobre os cambios que observaron no seu ámbito profesional durante estes dous anos do actual goberno.

Así, Ángel Carracedo asegurou que o apoio á investigación que está a facer o goberno galego nesta lexislatura é máis que notable. “Tanto en investimentos como en iniciativas nunca se fixera un esforzo semellante”. Agora, asegurou Carracedo, “compre manter nos próximos dous anos o ritmo de investimento en investigación, e impulsar iniciativas de estabilización do persoal investigador”.

Pola súa banda o Vicepresidente Executivo da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, Javier Riera, falou da importancia de acadar un crecemento sostible en cooperación, competitividade e innovación. A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, creada en decembro de 2006, é unha iniciativa que persegue impulsar estratexias que poñan en valor o potencial do capital intelectual, tecnolóxico e empresarial existente en Galicia. O seu obxectivo último é contribuír a acadar unha economía baseada no coñecemento como estratexia para consolidar un crecemento económico rápido, sólido e sostido o mesmo tempo. Así, ten por obxecto o impulso, promoción e coordinación de actividades para a mellora da competitividade das empresas galegas e a súa internacionalización; a análise de novos proxectos de investimento; a extensión e implantación de novas tecnoloxías; o desenvolvemento da sociedade da información e o impulso das redes de coñecemento e cooperación. Esta vía, a da triple hélice, é a mesma pola que está a apostar, segundo Riera, o actual goberno da Xunta de Galicia, e o que ós seus ollos representa o futuro do desenvolvemento económico galego.

Darío Villanueva resaltou a importancia da alternancia política na consolidación democrática deste país e o papel fundamental xogado neste cambio polo presidente da xunta Emilio Pérez Touriño como depositario dun modo de facer política diferente. Ademais fixo fincapé nos retos fundamentais que debe afrontar a sociedade galega: Europa como referente, a sociedade do coñecemento e a necesidade imperiosa de protexer o medioambiente mediante o desenvolvemento sostible. Dende estes tres eixes, Darío Villanueva insistiu no bo camiño polo que discorre o actual goberno galego, e na importancia de que a superación destes tres retos sirva para que os xoves mellor formados poidan desenvolver a súa actividade dentro do país.

Para rematar Lorenzo López Vázquez fixo unha análise da situación do empresariado en Galicia nos dous últimos anos. O presidente do grupo San Luis, salientou a forte aposta do actual goberno polo investimento tecnolóxico empresarial e a necesidade de dotarnos de ferramentas que permitan que a empresa galega sexa cada vez máis competitiva.

Unha vez máis, a Fundación Iniciativas 21 incorpora ao debate político a opinión de persoas de recoñecido prestixio noutros ámbitos como a educación, a cultura, a economía ou a ciencia. Esta perspectiva resulta novedosa, xa que a maioría de profesionais destacados non adoitan facer valoracións políticas. Ademais supón unha visión crítica constructiva da evolución e dos cambios acaecidos nos últimos dous anos de goberno.

O acto foi pechado polo Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que agradeceu ós intervintes a súa participación e as súas palabras e comprometeuse a traballar en prol da consecución dos retos por estes plantexados. Por outra banda, resaltou que Galicia atravesa unha magnífica situación económica e dispón neste momento do maior volume de emprego e do máis activo mercado laboral de toda a súa historia. Emilio Pérez Touriño comprometeuse a seguir traballando nesta dirección.

Fundación Iniciativas 21, 2007-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (consello_xunta_noviembre08.jpg) Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Foto de la tercera plana (75_anos_cadena_ser.jpg) Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

Notas

La celebración del Día Mundial de los derechos de la Infancia trajo hasta Compostela un Compromiso por la Educación de la mano del coordinador de la Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas abre una delegación en Santiago.
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información