Notas de prensa

Unhas 2.000 persoas asistiron ao Festival Via Stellae

O Festival de Música de Compostela e os seus Camiños concluíu con éxito de crítica e público a segunda edición. Mark Minkowski pechou no Auditorio de Galicia este evento musical.

O público galego e os turistas que visitaron Galicia acolleron con entusiasmo a programación do Festival “Via Stellae”. En torno a 20.000 persoas asistiron aos 82 concertos e outras actividades complementarias levadas a cabo en 32 vilas e cidades galegas enclavadas en todas as rutas xacobeas. Deste xeito, a participación e implicación do público do festival superou as expectativas máis optimistas da organización.

En Santiago de Compostela, sede principal deste festival como meta das rutas xacobeas, o público encheu completamente 12 dos 19 concertos e nos restantes houbo un excelente nivel de asistencia cos que se acadou unha asistencia media superior ao 90%.

Así mesmo, tamén se poden cualificar como exitosas dúas iniciativas innovadoras do festival como foron “Música e Arte” e “Concertos Express”. “Música e Arte” propuxo dúas tardes repletas de música, con varios concertos consecutivos nos mosteiros de Carboeiro en Silleda e de Sobrado dos Monxes. Pola súa banda, os “Concertos Express” foron 19 sesións de breve duración, duns 30 minutos, en seis claustros composteláns.

Concerto de Clausura

A segunda edición do Festival Via Stellae clausúrase cun concerto de Mark Minkowski, que se celebrará esta noite no Auditorio de Galicia. Este concero é o segundo que ofrece o artista en Santiago. A flexibilidade, precisión e forza interpretativa da súa orquestra Les Musiciens du Louvre-Grenoble, con máis de vintecinco anos ás súas costas, é sen dúbida unha das súas mellores armas para conquistar a un público que nunca queda indiferente despois dun dos seus concertos. Minkowski contará coa ilustre colaboración dunha das figuras da lírica dos nosos días, Anne Sofie von Otter.

O director francés e a mezzosoprano sueca amosaron nos últimos anos unha extraordinaria complicidade musical que o público galego poderá comprobar en directo na clausura da segunda edición do Festival Via Stellae. Anne Sofie von Otter cantará un dos ciclos de cancións máis fermosos da historia da música, Les nuit_s d_ètè (As noites de verán) de Hector Berlioz. Unha noite de verán francesa titúlase este concerto no que Minkowski e o coro e a orquestra de Les Musiciens du Louvre interpretarán, ademais, dúas obras incendentais -para representacións teatrais- compostas polos franceses Gabriel Fauré (Shylock) e Georges Bizet, de quen tocarán a versión íntegra de A Arlesiana, composta para a obra de Alphonse Daudet, e que se fixo popular grazas ás súas dúas suites orquestrais e ao seu célebre “Carillón”. O concerto terá lugar no Auditorio de Galicia hoxe ás nove da noite.

Último Concerto Express

NotaTamén se celebra ás seis da tarde o último concerto do ciclo “Concertos Express”, iniciativa que colleitou unha importante acollida do público, tanto entre os composteláns como entre os turistas. O concerto terá lugar na Igrexa de San Martiño Pinario ás seis da tarde e actuarán o cuarteto de trompas J. Ortega, A. Varela, X. Ramón e M. Naveira. A entrada é libre.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2007-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (consello_xunta_noviembre08.jpg) Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Foto de la tercera plana (75_anos_cadena_ser.jpg) Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

Notas

La celebración del Día Mundial de los derechos de la Infancia trajo hasta Compostela un Compromiso por la Educación de la mano del coordinador de la Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas abre una delegación en Santiago.
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información