Notas de prensa

Pesca enche de discos voadores Samil no marco da campaña Sonche Xan

Xan protagoniza a campaña de Pesca e o encargado de convencer aos máis cativos da importancia de comer peixe para medrar fortes e sans.

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos repartiu na praia de Samil de Vigo 2.500 discos voadores entre os nenos. Os regalos promocionais entregáronse a primeira hora unha vez finalizadas as tarefas de limpeza do areal, que se adiantaron nesta ocasión gracias á colaboración do Concello de Vigo, para que os bañistas puideran recoller os discos nada máis chegar á praia.

O protagonista da iniciativa é un neno chamado Xan, un debuxo animado de estética manga que intentará captar a atención dos rapaces da casa para convencelos dos “poderes” que dá a inxesta de peixe e a capacidade de facer que medren fortes e sans. O rostro deste personaxe aparece impreso nos miles de discos de cores -amarelos, vermellos e azuis - que encheron a praia de Samil co obxectivo de facer do peixe un alimento atractivo entre os máis pequenos.

Esta campaña promocional, que xa comezou en prensa e televisión e nuns días en radio, non vai ser un feito aislado senón que pretende prolongarse no tempo e facer de Xan un personaxe popular entre os cativos para que se familiaricen con el e coa idea que promociona. É por isto que, nos próximos meses, Xan será o protagonista doutras iniciativas cunha ampla gama de actuacións entre as que se atopan a entrega aos máis pequenos de diverso material promocional como alfombriñas do rato do oredenador, fundas para as consolas de peto ou camisetas coa imaxe do simpático rapaz.

Esta actuación súmase a outra xa en marcha coa que o departamento que dirixe Carmen Gallego tamén quere fomentar o consumo de peixe entre os nenos e nenas de Galicia. Trátase de “Uhmm...peixe”, unha iniciativa conxunta de Pesca e as consellerías de Sanidade e Educación que se está a desenvolver ao longo deste ano en 55 centros de ensino da nosa Comunidade autónoma.

“Mar de Cerca”

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos tamén iniciou outra campaña de promoción destinada a divulgar os produtos do mar para fomentar o coñecemento dos mesmos entre os consumidores. Así, “Mar de Cerca” difunde información xeral sobre a especie protagonista, período de veda en caso de que exista, gráficas sobre as capturas e descargas, tamaño mínimo e valor nutritivo.

A acción, que comezou o pasado día cinco deste mes nos medios escritos de Galicia, tamén pretende concienciar aos cidadáns da importancia social e económica da actividade pesqueira e marisqueira. Esta campaña, que fará a súa segunda aparición mañá, seguirá animando á sociedade a conservar a riqueza do noso mar, xa que é “responsabilidade de todos”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-08-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (reyes_magos_carroza_melchor.jpg) Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Foto de la tercera plana (lolita_portada_madre.jpg) Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

Notas

Os artesáns e obradoiros artesáns interesados en participar deberán presentar as súas candidaturas entre o 1 e o 18 de abril de 2009 na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Outro triunfo de Internet : Internet, coa forza imparable que ten este medio, ven de absorber e facer de...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información