Notas de prensa

O presidente da Deputación de Lugo comprométese a desbloquear varias obras da rede viaria da Montaña

Gómez Besteiro asegurou aos veciños de Pedrafita e Folgoso do Courel a axilizar obras que comezaron hai catro anos e que obrigan a dar rodeos de ata 15 kilómetros.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse onte cos veciños de Pedrafita e Folgoso do Courel a desbloquear e axilizar varias obras da Montaña que comezaron hai xa catro anos e que están a ocasionar importantes molestias ós habitantes da zona e que lles obriga a dar rodeos de ata 10 quilómetros. O máximo responsable provincial asegurou que “hai que facilitar as comunicacións porque senón a xente ten moitas dificultades para chegar a esta zona”, por iso comprometeuse a incrementar o orzamento previsto nos vindeiros presupostos da Deputación.

José Ramón Gómez Besteiro comprobou in situ o mal estado no que se atopan os traballos de mellora e anchamento da estrada provincial que une Seoane do Courel e Pedrafita. Levan anos de retraso, a estrada é prácticamente intransitable e os habitantes da Montaña lucense vense obrigados a dar rodeos de 10 quilómetros nunha orografía xa de por sí complicada. No seu percorrido, ó longo de todo o día, o Presidente estivo acompañado polo Delegado de Infraestruturas da Deputación, Manuel Martínez, e os alcaldes de Pedrafita do Cebreiro, Xosé Luis Raposo, e de Folgoso do Courel, José López Fontal.

O máximo responsable da Deputación dixo que estas obras son prioritarias para o desenvolvemento económico da Montaña. “E necesario mellorar as conexións do Courel, xa que é unha zona a potenciar, non só a nivel turístico, senón tamén a nivel rural e, sobre todo, medioambiental, que é unha das prioridades do Goberno Provincial para os vindeiros anos”. Lembrou que a actual estrada é estreita e ten curvas moi pronunciadas, o que fai case imposible a circulación de autobuses entre Seoane e o Hospital.

As obras desta estrada están presupostadas en 3.692.000 euros, dos que están executados ou adxudicados 1.815.000 euros a cargo dos Plans Operativos Locais (POL) dos anos 2003-2006.

Aposta pola seguridade viaria

Ademais de axilizar os traballos e aumentar os presupostos, o Presidente da Deputación tamén anunciou que será rectificado o trazado desta estrada en varios puntos que, tal e como están deseñados a día de hoxe, supoñen un perigo para a seguridade dos habitantes da zona. En concreto trátase de varias curvas que atravesan por diante das casas existentes. José Ramón Gómez Besteiro sinalou que “o que se empeza hai que rematalo ben”.

As obras de mellora e anchamento da vía provincial que une Seoane de Caurel e O Hospital (Pedrafita), foron iniciadas en 2003. A estrada provincial ten unha lonxitude de 15,600 quilómetros e os traballos estánse a acometer por fases. Neste momento están rematados tres treitos que foron iniciados en 2003 e 2004 e outro está sen asfaltar. No resto da vía, os traballos aínda non deron comezo. Un treito está pendente da disponibilidade dos terreos e outros dous teñen os proxectos redactados.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2007-08-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (manifestacion_slg_leche_2.jpg) Santiago de Compostela acogió la celebración de dos manifestaciones en las que agricultores gallegos demandan precios dignos para la leche y ayudas públicas al sector. La división entre los sindicatos agrarios llevó a una doble convocatoria: por un lado la protesta de Unións Agrarias y de Xóvenes Agricultres, y por otra la del Sindicato Labrego Galego.
Foto de la tercera plana (castelao.jpg) Presentado en el Museo Provincial el catálogo de fondos digitalizados de la obra de Castelao, que recoge en la web cerca de dos mil dibujos del intelectual galleguista. El catálogo, que puede ser visitado a través de la página web del Museo, pone a la disposición directa de los ciudadanos toda la obra plástica de Castelao custodiada en el Museo de Pontevedra.

Notas

O ciclo de conferencias A Galiza das Irmandades: Unha perspectiva actual, pretende achegar luz sobre a esta etapa histórica de Galicia. Un total de nove conferencias servirán para profundar no coñecemento do feito histórico do nacionalismo galego producido en 1918.
Los presidentes de la CEP, Aclunaga y el Cluster del Audiovisual participaron en el Club de Debates de Empresa y Finanzas y destacaron que los cluster proporcionan valor, conocimientos y colaboración.

Editorial

Abandono no rural: As correntes migratorias dos anos sesenta e setenta, de xeito especial, redu...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información