Notas de prensa

A Deputación Provincial de Lugo creará un mapa estratéxico da rede viaria

O presidente do organismo provincial anunciou a aprobación de proxectos para obras viarias por máis de dous millóns de euros.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou, despois da primeira Xunta de Goberno da nova Corporación, que se vai elaborar un mapa estratéxico coas prioridades da rede viaria “no que se estableza un calendario das actuacións que deben acometerse e determinar cales son as máis urxentes e necesarias”. Gómez Besteiro cualificou de “momento histórico” a constitución esta mañá da Xunta de Goberno formada polos socios do PSOE e o BNG.

O máximo responsable da Institución Provincial avanzou que “traballaremos coa Consellería de Política Territorial para coordenar a titularidade de varias infraestruturas provinciais”. “Nas obras tamén iniciaremos esa senda de coordinación que marcará os novos tempos da Deputación”, afirmou. “Trátase de traballar máis, mellor e gastar os cartos dun xeito máis eficiente, aplicando a lóxica e o sentido común”.

Neste momento hai vías que teñen uns treitos que dependen da Xunta de Galicia e outros da Deputación, o que supón un problema para o seu mantemento e xestión diaria. O obxectivo é que haxa unha transferencia de titularidade dunha administración a outra segundo cada caso.

Outros acordos da Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno aprobou os proxectos para as obras de mellora e acondicionamento de varias vías da provincia presupostadas nun total de 2.175.00 euros, en concreto, nos concellos de Alfoz, Castro de Rei, Castroverde, Foz e Fonsagrada. Trátase de obras incluidas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2007 (POS). A súa contración é urxente para dar cumprimento ás instruccións que rexen o devandito plan. A obra más destacada é a do ensanche e mellora de 4 kilómetros da estrada que une A Fonsagrada e Navia, cun orzamento de 1,104.320 euros.

Por outra banda, o órgano de goberno da Deputación acordou redefinir os proxectos de dúas obras aprobadas anteriormente para os concellos de Becerreá e Triacastela, coa fin de modificalas en beneficio da comunidade.

O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, tamén se referiu a outros asuntos abordados na Xunta de Goberno: a concesión de subvencións ó Concello de Chantada para actividades deportivas e á Asociación de Veciños do barrio da Milagrosa de Lugo para a organización das festas 2007.

Na reunión da nova Xunta de Goberno, ademais dos técnicos da Deputación, estiveron os 9 cargos políticos que a compoñen: o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro; os tres Vicepresidentes: Antón Bao Abelleira, Lara Méndez e María Xosé Vega Buján, e os Deputados Antonio Gato, Melchor Roel, Manuel Martínez, Regina Polín e Miguel Ángel Sotuela.

Condea do atentado

Na rolda de prensa informativa sobre a Xunta de Goberno, o Presidente condeou o atentado da banda terrorista ETA ocorrido onte: “O Goberno Provincial condea o atentado con coche bomba no cuartel da Garda Civil de Durango no que, afortunadamente, só houbo que lamentar dous feridos leves. Quero expresar a solidariedade do Goberno Provincial, solidarizámonos coas familias e cos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, que fan unha tarefa encomiable”.

Gabinete de Prensa da Deputación Provincial de Lugo, 2007-08-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (reyes_magos_carroza_melchor.jpg) Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Foto de la tercera plana (lolita_portada_madre.jpg) Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

Notas

Os artesáns e obradoiros artesáns interesados en participar deberán presentar as súas candidaturas entre o 1 e o 18 de abril de 2009 na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Outro triunfo de Internet : Internet, coa forza imparable que ten este medio, ven de absorber e facer de...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información