Notas de prensa

Galicia participa por primeira vez na XXX Feira do Libro de Uruguai

Celébrase en Montevideo do 27 de setembro ao 7 de outubro. A Consellería de Cultura exhibe nun stand a producción editorial e organiza varias actividades complementarias.

A Consellaría de Cultura e Deporte participa na 30 edición da Feira do Libro de Uruguai, que dá comezo mañá e se desenvolverá ata o vindeiro 7 de outubro na cidade de Montevideo. Deste xeito Galiza estará presente por primeira vez na feira sendo o único país non americano que contará cun espazo propio na mesma, cun stand no que exhibirá a súa producción editorial.

Así mesmo, a Consellaría, en colaboración co Patronato da Cultura Galega de Montevideo, organizou diversas actividades que se desenvolven ao longo da Feira, dirixidas á divulgación das nosas letras no país uruguaio e contando con personalidades do mundo da cultura galega de Uruguay. Na xornada inaugural ten lugar a presentación do libro "Relato dun emigrante", do editor e libreiro Manuel Losa. O acto desenvolverase no Salón Vermello da Intendencia, a cargo de Élida Abal Santorum, profesora de Lingua e Literatura Galega e membro do CEGAL. Ao remate da presentación, o grupo de pandereteiras e gaiteiros do Centro Val Miñor ofrece unha actuación musical.

O venres 28 de setembro, membros do Patronato da Cultura Galega proceden á lectura pública de obras de Castelao, ás 18:00 horas no Salón Exterior da Feira. Para a xornada seguinte está programado un recital e concerto de homenaxe á poesía galega, coa participación da cantante Cristina Fernández, que ten lugar no Salón Azul da Intendencia, entre as 20:00 e as 21:00 horas.

O luns, o escultor José Villaverde e o xornalista Mané de Gulfar encargaranse de presentar unha lectura poética da man do actor Andrés Pazos, que recitará poemas galegos publicados na revista uruguaia "La Tertulia". O acto desenvolverase no Salón Exterior da Feira, ás 19:00 horas.

Por último, na xornada que precede ao peche da Feira, o sábado 6, organizarase unha mesa redonda sobre a figura do poeta José Alonso y Trelles, "El Viejo Pancho. Este autor xa fora lembrado nunhas xornadas celebradas hai poucos días en Ribadeo, o seu pobo natal, que pretenderon explorar os vínculos culturais entre Galiza e Uruguai a través da súa figura e en conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento.

Na mesa, que dará comezo ás 17:00 horas no Salón Exterior da Feira, e presidida polo Director da Biblioteca Nacional de Uruguai Tomás de Mattos, intervirán Alicia Torres, profesora da Universidade de Uruguai, para falar sobre o inmigrante galego na literatura uruguaia; e o profesor Nicolás Gropp, que ofrece un relatorio sobre os artigos de prensa do poeta. Pola súa banda, a profesora María de Los Ángeles González Briz colabora no coloquio cunha intervención sobre migración e arraigo na obra de José Alonso y Trelles. Ao remate, o grupo de Danza Criola do Patronato da Cultura Galega ofrece unha actuación.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2007-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (reyes_magos_carroza_melchor.jpg) Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Foto de la tercera plana (lolita_portada_madre.jpg) Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

Notas

Os artesáns e obradoiros artesáns interesados en participar deberán presentar as súas candidaturas entre o 1 e o 18 de abril de 2009 na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Outro triunfo de Internet : Internet, coa forza imparable que ten este medio, ven de absorber e facer de...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información