Notas de prensa

Presentada a rodaxe de Os mortos van á presa

Retómase este proxecto cinematográfico no concello de Ribadeo logo da súa cancelación en 2006 por problemas de produción.

Logo dun ano de traballo, desde que o 27 de setembro de 2006 cancelárase a rodaxe da película “Os mortos van á présa”, Ángel de la Cruz anuncia a nova posta en marcha do proxecto e o inicio da rodaxe no Concello de Ribadeo o próximo 25 de febreiro, aínda que a preproducción comezará de feito tres meses antes, o 1 de decembro deste ano. “Foi un ano longo, triste e moi duro”, asegura De la Cruz —que estivo acompañado na rolda de prensa celebrada hoxe en Santiago, no Club Internacional de Prensa, polo Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o Director de Programación da TVG, Eduardo Galán e o produtor executivo Manuel Cristóbal—, “pero, como en moitas películas, terá un final feliz”.

“A miña intención sempre foi volver rodar no outono”, comenta o director do proxecto, “pero as datas botábansenos encima e algúns técnicos e actores xa adquiriran outros compromisos. Non tiña sentido rodar sen eles, senón buscar as datas máis adecuadas para volver reunir a toda a nosa xente”.

Tras a suspensión da rodaxe, o director e guionista Ángel de la Cruz, animado pola totalidade do equipo técnico e artístico do filme, máis de oitenta profesionais, vestiuse a chaqueta de produtor para, durante doce meses, buscar a viabilidade necesaria para salvar a longametraxe e levar a bo porto a produción. Logo de reescribir o guión para redimensionar o orzamento, deixándoo no máis axeitado de 2 millóns de euros —1.550.000 de custo de realización e o resto en copias e publicidade (un aforro dun millón de euros con respecto ao anterior)—, a empresa ARTEMÁTICA PRODUCIÓNS, cuxa titularidade ostenta o mesmo director, púxose a traballar para atopar canles de financiamento e socios adecuados que posibilitasen a realización da película partindo de cero, xa que non se vai a aproveitar nada do material rodado.

Co beneplácito do Concello de Ribadeo, que tamén colabora na película achegando servizos en especies, Buena Vista International, distribuidora multinacional filial da Disney, foi a primeira en sumarse ao proxecto, tras a cal entraron tamén Televisión Española e Televisión de Galicia —en calidade de produtor asociado—, a cuxos apoios hai que engadir a axuda da Xunta de Galicia (concedida en anos anteriores) e a do ICO-ICAA-Ministerio de Cultura que se xestionará a través da entidade Audiovisual SGR.

Así mesmo, coproducirán o filme as empresas PERRO VERDE FILMS —propiedade de Manuel Cristóbal, novo produtor executivo da longametraxe— e RESONANCIA POSTPRODUCCIÓN que se encargará precisamente dos traballos de postproducción da mesma.

Doutra banda, un grupo de investidores galegos alleos ao audiovisual, que desexan manter o anonimato, sensibilizados co director e o resto do equipo, participarán de diversas formas no financiamento do filme.

Ángel de la Cruz non descarta aínda que se sume algunha outra produtora ou entidade á produción, segundo as súas propias palabras, “para conseguir rodar na mellor das condicións e converter a «Os mortos van á présa» nun éxito sen precedentes do cine galego”. Sen dúbida, as 150 copias previstas por Buena Vista, o acordo de vendas internacionais coa empresa Six Sales e a coidada campaña de promoción do filme, cuxa estratexia xa está sendo deseñada, contribuirán a lograr estes obxectivos: “conseguir beneficios para que, por unha banda, a seguinte produción vaia un pouco máis á présa”, chancea De la Cruz, “e demostrar que tamén desde Galicia pódese facer un cine comercial con calidade. Con humildade pero sen renunciar a nada”.

“A miña máxima como produtor e director”, continúa Ángel de la Cruz, “é como a dos pequenos comerciantes: «o cliente sempre ten razón» e os nosos clientes son os espectadores. Cando a cota do cine español está nun 7,4 %, mentres que en Francia supera o 40 %, algo malo debemos estar a facer e deberiamos ser máis autocríticos co noso traballo”.

Ángel de la Cruz, que cos seus traballos anteriores ostenta o privilexio de ser ata a data o director galego de máis éxito da historia do país, só superado en producións galegas polos foráneos Amenábar, Cuerda, Fernando León e José Pozo, sinala que a intención das produtoras non é rodar unha película de autor nin un éxito custe o que custe, imitando por exemplo os éxitos perecedoiros das teleseries de moda. A intención é rodar unha película divertida, entretida e chea de sensibilidade, que non deixe indiferente a ninguén e permaneza no tempo.

“A mellor promoción para unha boa película é o boca a orella, pero normalmente non dá tempo a que se propague se nos primeiros días, o primeiro fin de semana sobre todo, alcanza escasa repercusión”, explica Manuel Cristóbal, produtor executivo. “Queremos que se fale da película desde moito antes da súa estrea e para iso estamos ultimando unha campaña de comunicación directa co público que incluirá, por exemplo, un concurso para participar como figuración no filme, convivindo co equipo de rodaxe, descargas e agasallos on-line, varias preestreas por toda España ou un exhaustivo diario de rodaxe no que poderá deixar o seu comentario quen desexe”. Todas estas novidades poderán ser seguidas desde a páxina web da película www.osmortos.com, (ou www.losmuertos.es) deseñada pola empresa OtiiPlanet coa axuda do Consorcio Audiovisual de Galicia, que se activará o próximo 2 de novembro, coincidindo coa festividade de Defuntos.

Tamén a prensa xogará un lugar destacado nos plans da produtora para dar a coñecer o seu produto. Ademais dunha área restrinxida na web, na que haberá que rexistrarse, con información e material gráfico para os profesionais do sector, ampliado cada semana, os medios de comunicación serán invitados a asistir, en visitas organizadas e graduadas, á rodaxe onde poderán vivir desde dentro a experiencia dunha produción cinematográfica. “Temos que lograr cambiar a imaxe do noso cine”, destaca o director, “e pensamos que, aínda que supoña un esforzo complementario importante, un bo método é que nos vexan as tripas e a continuación cónteno desde dentro”.

A película narra a chegada a unha pequena vila da costa galega dunha camioneira que, indo á procura de marisco, queda atascada nunha ponte impedindo o paso ao cemiterio o día que teñen que enterrar ao pai do patrón maior da confraría de mariscadores. Interpretada nos seus principais papeis por Neus Asensi, Chete Lera, Manuel Manquiña e un elenco de case trinta actores máis, o argumento foi definido polo director como “unha historia de percebes”, non só porque estes crustáceos teñan tamén o seu protagonismo na historia, senón porque algúns dos personaxes compórtanse como tales, “igual que moitos na vida real”, ironiza o director.

Que “Os mortos van á présa” consiga ver a luz será posible grazas ao empeño de moita xente, en primeiro lugar de todo o equipo técnico e artístico da película, do Excmo. Concello de Ribadeo, especialmente da xente de pobo de Rinlo, e tamén de numerosos profesionais, entidades, institucións e compañeiros do audiovisual galego que, por ser unha lista tan longa, sería imposible enumerar en tan pouco espazo. Pero “todos terán o seu lugar nos agradecementos dos créditos da película”, puntualiza De la Cruz.

Artematica S.L.U., 2007-09-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (consello_xunta_noviembre08.jpg) Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Foto de la tercera plana (75_anos_cadena_ser.jpg) Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

Notas

La celebración del Día Mundial de los derechos de la Infancia trajo hasta Compostela un Compromiso por la Educación de la mano del coordinador de la Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas abre una delegación en Santiago.
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información