Notas de prensa

Pesca, satisfeita polo novo buque de loita contra a contaminación

A adxudicación anunciada polo Goberno central é froito do traballo conxunto que veñen realizando as dúas administracións dende a sinatura do convenio sobre salvamento e loita contra a contaminación no ano 2006 entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia.

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos quere amosar a súa satisfacción polo anuncio feito polo Ministerio de Fomento respecto á adxudicación da nova embarcación de loita contra a contaminación que terá o seu porto base na Coruña e que servirá para reforzar os medios de recollida de hidrocarburos dos que dispón na actualidade a nosa comunidade autónoma.

O cumprimento do Plan Nacional de Salvamento Marítimo respecto a Galicia é, a día de hoxe, moi alto e a comparativa entre os medios dos que se dispón na actualidade para a loita contra a contaminación e tarefas de salvamento e dos que se dispoñía na anterior lexislatura non deixa lugar a dúbidas. Deste xeito, dende o ano 2006 a nosa comunidade conta cun remolcador de 80 mts de eslora que entrou en funcionamento en decembro de 2006. O “Don Inda” ten 20.600 CV de potencia e unha capacidade de recollida de hidrocarburos da auga de 1.750 metros cúbicos.

No que respecta aos medios aéreos, en xuño de 2007 presentouse o avión de longo alcance “Rosalía de Castro”, que ten base en Lavacolla. Ademais, incrementáronse as infraestruturas de salvamento coa contratación dunha base loxística en Vilar do Colo (Fene). A estes medios vén a sumarse agora a nova unidade marítima recolledora e de almacenamento de hidrocarburos, que ten prevista a súa entrada en servizo para comezos do verán, cunha capacidade de almacenamento de 3.100 metros cúbicos.

A Consellería de Pesca quere destacar tamén que a adxudicación anunciada hoxe polo Goberno central é froito do traballo conxunto das dúas administracións nesta materia, plasmada nun convenio de colaboración asinado en setembro de 2006 pola Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, e o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2008-01-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (manifestacion_slg_leche_2.jpg) Santiago de Compostela acogió la celebración de dos manifestaciones en las que agricultores gallegos demandan precios dignos para la leche y ayudas públicas al sector. La división entre los sindicatos agrarios llevó a una doble convocatoria: por un lado la protesta de Unións Agrarias y de Xóvenes Agricultres, y por otra la del Sindicato Labrego Galego.
Foto de la tercera plana (castelao.jpg) Presentado en el Museo Provincial el catálogo de fondos digitalizados de la obra de Castelao, que recoge en la web cerca de dos mil dibujos del intelectual galleguista. El catálogo, que puede ser visitado a través de la página web del Museo, pone a la disposición directa de los ciudadanos toda la obra plástica de Castelao custodiada en el Museo de Pontevedra.

Notas

O ciclo de conferencias A Galiza das Irmandades: Unha perspectiva actual, pretende achegar luz sobre a esta etapa histórica de Galicia. Un total de nove conferencias servirán para profundar no coñecemento do feito histórico do nacionalismo galego producido en 1918.
Los presidentes de la CEP, Aclunaga y el Cluster del Audiovisual participaron en el Club de Debates de Empresa y Finanzas y destacaron que los cluster proporcionan valor, conocimientos y colaboración.

Editorial

Abandono no rural: As correntes migratorias dos anos sesenta e setenta, de xeito especial, redu...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información