María Xosé Porteiro, Delegada da Xunta de Galicia en Buenos Aires, da comezo ao ciclo As mulleres como protagonistas cunha intervención sobre situación das emigrantes latinoamericanas en Europa.
Esta iniciativa, impulsada pola Comisión de Cultura do Centro Galicia de Buenos Aires para “abrir espazos máis igualitarios na conmemoración do Día internacional da muller, conta cun programa de actividades que se desenvolverá ao longo dos meses de marzo e abril. Nela intégranse conferencias, debates, obradoiros e mesmo unha exposición fotográfica co obxectivo de achegarse ás diversas reflexións que estimulen a participación efectiva das mulleres en todos os ámbitos sociais.
A xornada inaugural conta tamén coa participación da investigadora e escritora María Rosa Lojo e o presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, Héctor Fernández Álvarez.
Nos sucesivos encontros falarase dos cambios experimentados no sistema educativo formal en canto a xénero, analizarase a evolución dos estereotipos de xénero, da discriminación, da participación e da representación política das mulleres. Así mesmo, realizarase unha lectura dos medios de comunicación dende unha perspectiva de xénero e abordarase a relación entre educación e violencia sexista.
A muller traballadora
Tamén se abre ao público a mostra “Muller e Traballo” composta por 27 fotografías cedidas polo Arquivo Histórico Xeral da Nación Arxentina. Nela recóllense imaxes tomadas entre os anos 1870 e 1973 que amosan escenas cotiás do traballo levado a cabo polas mulleres en Buenos Aires.
A mostra pode visitarse todos os días do mes de marzo a partir das 17 horas na sede do Centro Galicia de Buenos Aires (Bartolomé Mitre 2552. Capital Federal).
La compraventa de viviendas cayó un 27,4% en 2011, con respecto a la cifra alcanzada en 2010, en Galicia, hasta las 16.390 operaciones, con lo que revierte el resultado del año pasado en el que las compras crecieron un 6%, de acuerdo con los datos publicados por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Guillerme Vázquez (BNG) ha instado a los miembros de su partido que consideren que su proyecto ya no es esta formación política a que tomen la decisión sobre su continuidad "cuanto antes". Pachi Vázquez (PSdeG) ha pedido a sus compañeros de partido ser "pragmáticos" y "cerrar cuanto antes el debate orgánico".
