Notas de prensa

Novo paso adiante para a organización do Campeonato do Mundo de Hóckey a Patíns

Asinado o protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, o concello de Vigo e as Federacións Española e Galega de Patinaxe para a organización deste evento deportivo que se celebrará en xullo de 2009.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, destacou, durante o acto de presentación do Campionato do Mundo de Hóckey 2009, a necesidade de unir “grandes eventos a actuacións dedicadas a acadar unha maior implantación desa modalidade deportiva”. Desta forma, no caso concreto deste mundial de hóckey sobre patíns, que terá lugar en Vigo e Pontevedra (subsede) no mes de xullo do 2009, son varias as actuacións emprendidas dende a Dirección Xeral para o Deporte: “Vai máis aló dun acontecemento de relevancia mundial, e por iso as nosas actuacións paralelas están dirixidas a levar este deporte a outros municipios, grazas as escolas, así como a implantación do patinaxe dentro do noso programa Deporte na Escola, cara ao ano 2009, xusto coincidindo coa disputa do campionato”.

A conselleira aproveitou a súa presenza en Vigo para desexarlle a mellor das sortes á cidade neste importante momento, no que está a loitar por converterse en sede da Universiada 2013: “Este mundial debe servir como anuncio para dicirlles que somos quen de organizar grandes eventos, que imos facer un gran traballo e que por organización e apoio social teremos un grande éxito”.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, asinou un protocolo de colaboración co Concello de Vigo, na persoa do tenente de alcalde, Santiago Domínguez, co presidente da Comisión Xestora da Real Federación Española de Patinaxe (RFEP), Carmelo Paniagua, e o presidente da Federación Galega de Patinaxe, Enrique García Raposo, co obxecto de iniciar o proxecto de organización deste evento.

Pola súa parte, Santiago Domínguez amosou a súa “satisfacción porque unha vez máis” Vigo vai poder demostrar a súa capacidade organizadora” e asegurou, en relación á cita deportiva, que “non imos defraudar”. Ademais o tenente de alcalde recordou que Vigo ten unha relación moi especial co hóckey a patíns, grazas ao torneo Cidade de Vigo (que cumpre 25 anos neste momento) e o club Vigo Stick.

O presidente da Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua, agradeceu a presenza da conselleira no acto e volveu a asegurar que “o Mundial de Hóckey sobre Patíns de 2009 vai ser o mellor Mundial da historia”. Pola súa parte, o presidente da Federación Galega, Enrique García Raposo, destacou o programa que realizará, xunto coa Dirección Xeral para o Deporte, para promover este deporte.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2008-03-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (consello_xunta_noviembre08.jpg) Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Foto de la tercera plana (75_anos_cadena_ser.jpg) Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

Notas

La celebración del Día Mundial de los derechos de la Infancia trajo hasta Compostela un Compromiso por la Educación de la mano del coordinador de la Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas abre una delegación en Santiago.
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información