Notas de prensa

París e Compostela colaborarán aproveitando as potencialidades do Camiño de Santiago

O presidente da Xunta abriu a súa visita institucional á capital francesa cun encontro coa primeira tenente de alcalde do concello de París. Avanzaron na próxima sinatura dun convenio de colaboración e na apertura de relacións culturais cos museos Arqueolóxico e de Arte Moderno de París, así como co organismo municipal de Patrimonio e Cultura parisino.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, iniciou a súa visita institucional á capital francesa cun encontro coa primeira tenente de alcalde e conselleira rexional, Anne Hidalgo, con quen acordou estreitar os lazos de cooperación cultural entre a capital francesa e a galega, aproveitando as sinerxías e potencialidades que ofrece o camiño de Santiago. Nesta liña ambos coincidiron en destacar a necesidade de “construír o patrimonio cultural do futuro” aproveitando tamén as futuras potencialidades da Cidade da Cultura.

Logo de manter unha xuntanza de case unha hora de duración, os dous mandatarios salientaron que existen “proxectos culturais moi interesantes que levar adiante entre París e Santiago de Compostela”, posto que hai “puntos comúns de referencia”, ao ser as dúas cidades históricas, pero tamén, en palabras de Anne Hidalgo, “cidades que se apuntan á modernidade e á cultura”. O obxectivo é estreitar os vínculos de colaboración para que “as nosas cidades se coñezan mellor” e para que os parisinos e galegos disfruten dunha cooperación cultural que “poderá ser moi interesante”.

Traballar desde xa para a sinatura dun acordo

Deste xeito, na xuntanza Pérez Touriño e Anne Hidalgo acordaron poñer xa en marcha os traballos para a próxima sinatura dun convenio de colaboración no que tamén participaría o Consorcio de Santiago de Compostela. Así mesmo avanzaron no establecemento de relacións culturais co Museo Arqueolóxico, co Museo de Arte Moderno de París e co organismo municipal encargado de Patrimonio e Cultura.

Emilio Pérez Touriño insistiu no vínculo común do Camiño de Santiago, o primeiro itinerario cultural europeo, e avogou por situar o próximo ano Xacobeo, o 2010, “como punto de referencia para materializar” a cooperación entre as dúas cidades, aproveitando a rede e todo o potencial cultural de París. “Imos traballar para poder materializar esa cooperación que permita crear as maiores sinerxías”, con todo “ese influxo e a potencia que ten o Camiño de Santiago, un vínculo cultural que une culturas e civilizacións, pero tamén como un vínculo de futuro, compartindo os problemas e compartindo os desafíos que nos plantexa a sociedade actual”, aseverou o máximo mandatario galego.

Pola súa banda, a primeira tenente de alcalde lembrou que o concello de París está a impulsar a rehabilitación da Tour de Saint-Jacques, a torre desde a que partían os antigos peregrinos cara a Compostela, e amosouse convencida de que este poderá ser un “sitio simbólico neste proxecto conxunto de reunir Santiago e París a través do Camiño”.

Invitación a visitar Santiago

Durante a reunión, o titular da Xunta tamén aproveitou para invitar ao alcalde de París, Bertrand Delanoë e tamén á propia Anne Hidalgo a visitar Galicia e Compostela, no ano 2010, coincidindo coa celebración do Xacobeo. “Tiven a oportunidade de trasladarlle a invitación a ela e ao alcalde, que estou seguro que aceptará e rogo lla transmita, para visitar Santiago e poder materializar nese ano 2010, coa súa visita e a súa presenza esa cooperación e colaboración que desde agora poñemos en marcha”, insistiu Pérez Touriño.

Por último, o presidente galego agradeceu a hospitalidade, “amabilidade e cordialidade” da vicealcaldesa de París e lembrou as súa orixe española. Así mesmo, salientou que un dos principais motivos da súa visita á capital francesa é o encontro coa colectividade galega, que suma máis de 3.500 persoas en París e que está “axudando a construír o futuro e o presente desta gran cidade”.

Pola súa banda, Anne Hidalgo tamén dixo sentirse agradecida pola visita do presidente de Galicia, un territorio –asegurou- “moi importante de España e moi importante para Europa”. Así mesmo, tamén se referiu a que París acolle un gran número de galegos e resaltou a súa contribución á vida da cidade.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2008-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (consello_xunta_noviembre08.jpg) Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Foto de la tercera plana (75_anos_cadena_ser.jpg) Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

Notas

La celebración del Día Mundial de los derechos de la Infancia trajo hasta Compostela un Compromiso por la Educación de la mano del coordinador de la Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas abre una delegación en Santiago.
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información