Notas de prensa

Innovación colabora coas universidades galegas na implantación de software libre

Asinado un convenio de colaboración coas tres universidades para crear e consolidar oficinas de software libre nas institucións educativas. Tamén se asinaron varios convenios coa USC para financiar novas propostas formativas.

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou varios convenios de colaboración coas tres Universidades galegas, representadas polos seus reitores: José María Barja Pérez, da Universidade da Coruña, Senén Barro, da Universidade de Santiago de Compostela, e Alberto Gago, da Universidade de Vigo. Grazas a estes acordos, o departamento dirixo polo nacionalista Fernando Xabier Blanco achegará 465.012 euros para o desenvolvemento de distintos actos formativos así como de implantación do software libre.

Así, por un lado, procedeuse a asinar una convenio entre a Consellaría de Innovación e Industria e as tres universidades de Galiza para a creación e consolidación de oficinas de software libre universitarias. Para tales efectos, dende o departamento autonómico reservouse unha partida orzamentaria de 240.000 euros, que se reparten en 80.000 euros para cada unha das tres universidades durante o bienio 2008-2009.

Polo presente convenio realizaranse as actuacións destinadas á creación e consolidación das oficinas de software libre nas tres universidades que respondan ás seguintes características: que conten cun coordinador a tempo completo responsable da coordinación con outras oficinas de software libre universitarias e o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza da Consellaría (Mancomún); contar cun coordinador e un equipo de apoio; a creación dun espazo web específico da oficina de software libre universitaria onde se recolla os seus obxectivos, estrutura, contacto e principais actividades; o compromiso de presentar nos dous primeiros meses de vixencia deste convenio un plano anual de actuación da oficina correspondente ao 2008 e 2009; e a proposición de novas iniciativas para o desenvolvemento do software libre no ámbito das súas institucións.

Asemade, tamén se fixará o marco de coordinación e colaboración co Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia (Mancomún) mediante a creación dunha comisión de coordinación técnica das actividades desenvolvidas polas tres oficinas universitarias de software libre e o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza da Consellaría. As oficinas tamén terán que incorporar contidos á web de mancomun.org e colaborar na difusión das actividades e información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

USC

Por outra banda, a Consellaría de Innovación e Industria asinou varios convenio coa Universidade de Santiago de Compostela. Un deles establece as condicións de colaboración para a organización da VII edición do curso de Posgrao ‘Economía e Xestión da Innovación’, no que se investirán 45.000 euros para levar a cabo este curso no que se contribuirá ao fortalecemento das capacidades do sistema de innovación mediante a formación de especialistas na xestión e da investigación e innovación.

Outro dos convenios asinados establece as bases para o desenvolvemento do ‘III Máster en Xestión e Dirección de Empresas de Deseño e Moda’, durante o presente ano 2008, cun orzamento total de 70.000 euros. Este máster afonda no coñecemento de todos os aspectos relacionadas coa industria da moda, dende a xestión estratéxica das empresas ata os aspectos culturais que definen o sector. Por último, Fernando Blanco asinou tamén o convenio mediante o cal se levará a cabo a cooperación necesaria para desenvolver a XVII edición do ‘Máster de Dirección e Xestión do Comercio Exterior’, cun orzamento final de 86.000 euros para formar especialistas en Comercio Exterior, que posibiliten un maior desenvolvemento económico de Galiza, a través da internacionalización e proxección comercial das súas empresas no exterior.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2008-05-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (bolsa.jpg) El grupo de investigación de Sistemas Inteligentes de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) diseña un software libre que detecta asociaciones entre el contenido de noticias financieras y las variaciones significativas de la cotización de acciones en el IBEX 35 posibilitando predicciones a corto plazo.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

O papel da policía municipal: En Galicia e fóra da nosa terra, teñen aparecido casos que poñen en cuestió...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información