Notas de prensa

III Conferencia de Diversificación Socioeconómica nas comunidades costeiras

Con este foro o Cetmar busca coñecer e valorar as liñas de actuación, iniciativas e obxectivos a corto e medio prazo da diversificación socioeconómica.

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a través do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, organiza a terceira edición da Conferencia Internacional sobre a Diversificación Económica nas Comunidades Costeiras en Vigo. Este foro busca proporcionar, un ano máis, un lugar de encontro que permitirá ás administracións públicas, aos axentes sectoriais da pesca, o marisqueo e outras actividades económicas e culturais, así como á sociedade en xeral valorar conxuntamente as liñas de actuación, iniciativas e obxectivos a corto e medio prazo da diversificación socioeconómica.

A liña prioritaria de actuación no eido da diversificación que levan a cabo axentes públicos e privados do sector pesqueiro é a procura de alternativas que garantan a viabilidade das comunidades costeiras. Neste sentido, o Cetmar vén desenvolvendo dende o ano 2005 un proxecto de traballo en rede orientado a identificar oportunidades e estratexias d diversificación, no que os profesioanais do mar teñen un papel protagonista.

Con esta terceira edición do Congreso Internacional sobre Diversificación Socioeconómica o Cetmar consolida un encontro encamiñado a profundizar nas estratexias de diversificación no marco da xestión sostible dos recursos, a posta en valor da cultura do mar, a dignificación do sector marítimo-pesqueiro no seu conxunto e o futuro das comunidades costeiras.

Ao acto de inauguración do congreso, celebrado en Vigo e presidido polo director xerente da Fundación Cetmar, Alberto González Garcés, asistiron o secretario xeral da Consellería de Pesca, Miguel Ángel López Sieiro, e as delegadas territoriais de Pesca en Pontevedra e na Coruña, Ángeles Montero e Rosa Liaño, respectivamente.

Programa da Conferencia

Esta xornada adicada á diversificación nas zonas costeiras deu comezo con dúas ponencias centradas no Fondo Europeo da Pesca. En concreto, Dominique Levieil, da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos da Unión Europea, analizou A Diversificación Socioeconómica das Comunidades Costeiras no Fondo Europeo da Pesca. De seguido, Miguel Ángel López Sieiro, o secretario xeral da Consellería de Pesca, explicou aos asistentes en que consisten os Grupos de Acción Costeira que está a desenvolver o seu departamento no marco do Eixo prioritario nº 4 do FEP.

A programación deste evento tamén conta cunha mesa redonda na que se expoñen as novas vías da diversificación que se están a pór en marcha en Galicia ou Italia. Así mesmo, analizarase o medio ambiente como oportunidade poñendo como exemplo as reservas mariñas de interese pesqueiro e o proxecto Peixe Verde de busca de enerxías alternativas. Xa pola tarde, outro dos debates que se abrirá estará vencellado cos retos da comercialización con relatorios sobre as claves da comercialización, a marca de calidade “PescadeRías, de onde se non?” que puxo en marcha a Consellería de Pesca, e a comercialización de novos produtos e subprodutos.

A riqueza gastronómica do mar e a oferta gastronómica diversificada será outro dos temas que se trate neste foro, no que tres cociñeiros galegos de renome falarán dos usos tradicionais e modernos dos produtos do mar. O broche final á Conferencia poñeráo o grupo musical Nordestin@s que, cunha sesión musical, amosará o son do mar e a cultura mariñeira a traverso da súa música.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia , 2008-06-18

Actualidad

Saúl Craviotto y el gallego Carlos Pérez Rial han ganado la medalla de oro en la prueba de K2 sobre 500 metros de piragüismo de los Juegos Olímpicos de Pekín 2008. El palista gallego ha conseguido la medalla de plata en la final de C-1 500 metros. Se une así al club de los máximos medallistas españoles de la historia, en el que también figura Joan Llaneras y Arantxa Sánchez Vicario.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información