Notas de prensa

Manquiña, Ernesto Chao e Neus Asensi, protagonistas do 5º número de AG

Na revista do Audiovisual Galego Pico e María Castro falan, cara a cara, das súas experiencias profesionais, ao tempo que se profundiza na implantación da TDT e se adica unha sección aos estudantes de audiovisual.

A revista do Audiovisual Galego vén de sacar á luz o seu quinto número, no que se inclúen entrevistas cos actores Neus Asensi, Manuel Manquiña e Ernesto Chao, os tres integrantes do elenco d´Os mortos van ás présas e Chao gañador, ademais, do Premio de Honra Fernando Rey na última gala dos premios Mestre Mateo, cuyo reportaxe abre a revista. Ernesto Chao recorda os difíciles comezos do audiovisual galego e adianta os seus próximos proxectos. Completan a sección de entrevistas o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, o cineasta Adolfo Arrieta e o director e os actores de Pradolongo, filme de Ignacio Vilar que continúa o seu periplo polas vilas galegas.

Outros dous actores que trunfan actualmente coas súas respectivas series enfréntanse no Cara a cara. Xosé Olveira ‘Pico’ (Padre Casares) e a viguesa María Castro (Sin tetas no hay paraíso) volven a unirse despois de traballar durante anos na serie Pratos Combinados, onde facían de pai e filla, e relatan as súas experiencias profesionais marcadas por uns inicios completamente diferentes.

No apartado A fondo inclúese un debate sobre o documental no que participan varios directores galegos moderados por Sara García, co-directora do Play-Doc, que, xunto co Bafici e o IndieLisboa, protagonizan a sección Crónica de festivais. E o Así traballa está adicado a Xosé Antón Perozo, que debulla o labor do axudante de dirección. O Cineclub Pontevedra protagoniza a sección de Cineclubismo e a de recordos cinematográficos é, nesta ocasión, para catro músicos galegos: Cristina Pato, Julián Hernández, Pili Pampín e Uxía Senlle.

Os contidos artísticos de AG corren a cargo do fotógrafo arousán José Luiz Oubiña e do pintor e poeta Xurxo Alonso, quen desvela, nun fermoso e emotivo texto, o seu primero contacto co cine en Vilagarcía de Arousa. Tamén o escritor Ramón Caride bota a vista atrás para recordar dúas películas que, ao seu ver, marcaron a historia do cine español, Furtivos de José Luis Borau, e Los santos inocentes de Mario Camus.

Novidades

O quinto número de AG inclúe dúas novas seccións. Por unha banda o Consultorio de propiedade intelectual, no que o catedrático de Dereito Mercantil Ángel Fernández-Albor resposta ás preguntas dos lectores, e por outra Ágora aberta, un espazo adicado ao alumnado do sector audiovisual e destinado a coñecer outro punto de vista sobre o mesmo. A primeira visión será a dos estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.

A implantación da TDT en Galicia

O número complétase coas seccións habituais, Fala a industria (adicado ás produtoras Perro Verde e Vaca Films), Curtametraxes, Universos Ínfimos, Bitácoras, Críticas, Carteis de Cine, Reseñas ou Súper novas, onde se reserva un importante lugar ao apagamento analóxico na Fonsagrada, o primeiro de todo o Estado. Sobre esta cuestión trata tamén a entrevista co secretario xeral de Comunicación e un estudo do director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, que leva por título A implantación da TDT en Galicia.

Teresa Rocamonde (coordinadora AG), 2008-06-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (bolsa.jpg) El grupo de investigación de Sistemas Inteligentes de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) diseña un software libre que detecta asociaciones entre el contenido de noticias financieras y las variaciones significativas de la cotización de acciones en el IBEX 35 posibilitando predicciones a corto plazo.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

O papel da policía municipal: En Galicia e fóra da nosa terra, teñen aparecido casos que poñen en cuestió...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información