Notas de prensa

Máis de 2.000 afeccioados participan no III Criterium Aeronáutico de Galicia

Un avión do exercito realizará voos para persoas de diversos colectivos desfavorecidos procedentes dos concellos e das comarcas de Lugo. O III Criterium coincide coa Volta Aérea Galaico-Duriense que se celebra do 10 ao 13 de xullo.

O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou o III Criterium Aeronáutico-Galiza 2008. O acto de presentación tivo lugar na sala de Exposicións da Deputación de Lugo e contou coa presencia do Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío e do Presidente do Real Aeroclub, Luis Abelleira.

Este acontecemento deportivo celebrarase entre os días 10 e 13 de xullo e achegará a máis de 2.000 persoas a Lugo. O programa de actividades desta terceira edición do Criterium Aeronáutico-Galicia coincide coa XXV Volta Aérea Galaico-Duriense. Ademais, ofrecerá unha completa programación de actividades alternativas para afeccionados e público en xeral como mostras de Aeromodelismo, aeroestación, paracaidismo, paramotor, ultralixeiros, planadores e voo con motor. As actividades levaranse a cabo nas instalacións do aeródromo de Rozas, que é o lugar habitual para as actividades deportivas aéreas do Real Aeroclub de Lugo.

Media ducia de modalidades relacionadas co deporte aeronáutico estarán presentes na celebración des terceiro critierium. No tocante ao AEROMODELISMO haberá unha exhibición dunha serie de aeromodelos na cal se apreciarán as distintas modalidades de voo que existen na competición de aeromodelismo. Na especialidade de AEROESTACIÓN organizaranse voos con globos aeroestáticos vidos de distintas zonas do estado. Durante os días do Criterium realizaranse voos para bautismo do aire das persoas que o desexaron e ter así unha experiencia de voo en globo. Realizaranse voos de exhibición de PARAMOTOR a cargo de catro pilotos luenses. Coincidindo coa chegada a Lugo dunha das etapas da Volta Aérea a Galiza haberá unha desmotración de voo en ULTRALIXEIROS.

A proba máis destacada do criterium será o RALLYE AEREO, unha competición aérea, na cal se levan a cabo distintas probas: crono, navegación, observación e toma de precisión e que une o norte de Portugal con Galiza. As etapas transcorren ao longo do territorio de Galicia e do Norte de Portugal, abranguendo dende o Mar Cantábrico ata o río Douro de Norte a Sur.

HABERÁ BAUTISMOS AEREOS E UNHA EXIBICIÓN DE VOO ACROBÁTICO

O exercito desprazará un avión para ofrecer bautismos aéreos e voos a persoas que se desprazarán ata o aeródromo de Rozas dende diversos concellos. O aeroclube de Lugo ofertoulles a varios concellos a posibilidade de organizar voos para aquele colectivos que teñen poucas ocasións de coñecer dende o aire o noso territorio.

Ademais haberá unha exhibición de voo acrobático coa PATRULLA AGUILA do exercito español. Está será unha das cinco exhibicións anuais que este grupo realiza, sendo a maior parte delas no estranxeiro.


Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo), 2008-06-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (ninos_movil.jpg) Los datos de la última Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de la Información y la Comunicación en los hogares 2008 publicada por el Instituto Nacional de Estadística (INE), y recogidos por Europa Press, reflejan que el 60,7% de los niños gallegos tiene teléfono móvil. Galicia es la segunda comunidad española con menor porcentaje de niños que usan móvil.
Foto de la tercera plana (academia_galega_portuguesa.jpg) La Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP), inaugurada en Santiago de Compostela, nace con la vocación de "concienciar a la sociedad" del carácter "lusófono" del idioma gallego, que fue calificado de "forma de portugués". El presidente de la AGLP, José-Martinho Montero calificó el gallego como "Portugués de Galicia".

Notas

A Fundación 10 de Marzo (F10M) publicou recentemente dous novos libros. Un deles é a biografía de Ángeles Fernández Dopico, 'Angelita', sobre a vida e loita desta mugardesa. O outro é unha continuación escrita da homenaxe que recibiu o ex deputado Anxo Guerreiro.
O establecemento de turismo rural situado na localidade de Dombodán foi construído en 1523 e na actualidade está rehabilitado con materiais propios da zona nun lugar de alto valor paisaxístico.

Editorial

Liñas aéreas galegas: Agora que algunhas aerolíñas están en crise polo encarecemento do petróleo,...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información