Notas de prensa

Xesús Alonso Montero entregou parte do seu legado literario á Universidade de Santiago

Xesús Alonso Montero entregou á Universidade de Santiago tres manuscritos autógrafos e as respostas de catros enquisas lingüísticas nun acto literario.

Xesús Alonso Montero entregou á Universidade de Santiago tres manuscritos autógrafos e as respostas de catros enquisas lingüísticas nun acto literario que presidiu o vicerreitor de Cultura Elias Torres. Tamén asistiron o director académico do Servizo de Publicacións da USC, Antonio Azaustre, e a presidenta da Comisión de Bibliotecas e Arquivos, Helena de Carlos.

No evento, Alonso Montero, catedrático xubilado da institución docente, sinalou que os textos doados son, polo seu contido, representativos do seu labor filolóxico. Así, tratan o universo político da problemática da lingua galega no franquismo e un achegamento ao universo marxista de certos escritores galegos.

Pola súa banda, Elias Torres agradeceu ao protagonista do acto a súa entrega nestes tempos nos que “xa se pode obrar con liberdade grazas á aquela actividade académica na que participou o propio Alonso Montero” e que “sentou ás bases da actual Universidade”.

Un libro e dúas conferencias son os documentos autógrafos facilitados. A obra titúlase A batalla de Montevideo (Os agravios lingüísticos denunciados na UNESCO en 1954) e foi publicada pola Editorial Xerais en 2003.

En canto ás conferencias, ambas as dúas leunas o seu autor en actos solemnes da Universidade. A primeira intervención, Literatura: Lección de clausura, pronunciouna no Paraninfo da USC o 25 de febreiro de 2002 na súa lección de despedida. A segunda, proferida no Colexio de Fonseca o 3 de febreiro de 2005, leva por título Dous días na vida de Lorenzo Varela, exiliado republicano en Buenos Aires.

Alonso Montero tamén entregou os mil catrocentos vinte folios de respostas a catro enquisas lingüísticas (1958, 1967, 1969), relativos sobre todo ás dúas últimas. Dito material permanece “na súa maioría inédito”, segundo explica o seu responsable. No fondo documental, hai textos impresos que ilustran algún aspecto do correspondente estudo.

Alonso Montero

Xesús Alonso Montero, catedrático xubilado da USC, destaca no campo da sociolingüística con libros como O porvir da lingua galega ou o polémico Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973), entre outros.

Ademais, publicou estudos sobre escritores galegos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Leiras Pulpeiro, Luís Pimentel, Luís Seoane, Lorenzo Varela, Vicente Risco, Ramón Cabanillas ou Álvaro Cunqueiro. Da literatura española abordou figuras como Antonio Machado, García Lorca, Unamuno e o propio Valle-Inclán.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2008-07-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (bolsa.jpg) El grupo de investigación de Sistemas Inteligentes de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) diseña un software libre que detecta asociaciones entre el contenido de noticias financieras y las variaciones significativas de la cotización de acciones en el IBEX 35 posibilitando predicciones a corto plazo.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

O papel da policía municipal: En Galicia e fóra da nosa terra, teñen aparecido casos que poñen en cuestió...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información