Notas de prensa

Teima gaña o I Premio Solidario de Ferrol

O xurado destaca o traballo desta asociación a favor da integración de persoas con Síndrome de Down. O premio está dotado con 5.000 euros e foille concedido a esta entidade polo seu programa titulado Emprego con apoio.

Teima, unha entidade de Ferrol volcada dende hai anos na integración sociolaboral daquelas persoas con Síndrome de Down, resultou gañadora da primeira edición do Premio Solidario Cidade de Ferrol. O xurado do galardón, presidido polo alcalde, Vicente Irisarri, daba a coñecer esta mañá a decisión, tomada por unanimidade. “Acabo de comunicarllo á presidenta de Teima e en lugar da noraboa, dinlle as grazas en nome de toda a sociedade ferrolá”, sinalaba Vicente Irisarri. Aínda así, recoñeceu as dificultades do xurado á hora de elixir un proxecto entre os oito presentados en tempo e forma. A maioría, de asociacións da propia cidade. Deste xeito, Teima poderá desenvolver o programa presentado baixo o título “Emprego con apoio” coa dotación económica que corresponde ao galardón: 5.000 euros, que recibirá oficialmente o 31 de agosto, coincidindo co Día Mundial da Solidariedade.

Nesta liña, o alcalde explicaba que o Premio Solidario Cidade de Ferrol nace con vocación de continuidade no tempo, así como que o seu obxectivo principal é premiar os esforzos de iniciativas e proxectos desenvolvidos no marco da solidariedade, a cooperación e o voluntariado. En definitiva, “mostrar publicamente o recoñecemento da sociedade a ese exército de voluntarios, repartidos en asociacións e ONG´s que, día a día, nos dan unha lección de solidariedade e entrega aos demáis”.

Nesta primeira edición, a edil de Solidariedade, Beatriz Sestayo, destacou a calidade dos programas presentados, que foi enumerando un a un. Así, explicou que a Asociación SocioCultural de Minusválidos presentara un proxecto para promocionar a cultura entre este colectivo e, máis concretamente, para a posta en marcha dun taller de teatro. O Santo Hospital de Caridade achegou un programa para mellorar os servizos e condicións do refuxio para sin teito que hoxendía mantén aberto. O Centro Carmen Polo, un plan de mellora medioambiental no que implicaría aos alumnos e acondicionaría o entorno das instalacións. Afal Ferrolterra, un plan de mellora da atención aos enfermos de alzheimer. Solidariedade Internacional, un proxecto de cooperación en Bolivia. E Dios y Pan, un proxecto para facilitar o acceso de persoas sen recursos a alimentos.

O xurado do premio estivo presidido polo alcalde e composto por un representante de cada grupo político con representación no Concello: Beatriz Sestayo (PSOE), Javier Galán (IU), Rosa Martínez (PP), Juan Fernández (IF) e Elia Rico (BNG), así como dunha técnica do departamento municipal de Solidariedade, que actuou como secretaria, e de tres representantes do movemento asociativo -elixidos democraticamente entre as propias asociacións-. Foron estes últimos a asociación de veciños Fontelonga, Cogami e Gestión Social.

Respecto ao proxecto que financiará o Concello a través do Premio Solidario Cidade de Ferrol, Beatriz Sestayo explicou que pretende a integración das persoas adultas na sociedade a través do traballo, para o que se desenvolverán políticas preventivas e activas. Teima -que presentou xunto a este outro proxecto máis- parte da base de que as persoas con Síndrome de Down non se poden quedar ao marxe do mercado laboral e de que, do mesmo xeito que se considera a integración na escola ordinaria como unha medida máis eficaz e adecuada, tamén se considera a integración en empresas ordinarias como a vía máis eficaz para a consecución da normalización na vida cotiá das persoas adultas con Síndrome de Down.

Máis polo miúdo, os destinatarios do proxecto serán maiores de 16 anos e residentes en Ferrol e comarca, que desexen traballar en contornos laborais ordinarios. ¿As actividades planificadas? Nunha primeira fase de diagnose e avaliación estableceránse entrevistas para determinar as capacidades e o perfíl profesional do beneficiario. Nunha segunda fase realizaráse un estudo de mercado para implantar o programa de Emprego con Apoio (que dá nome ao proxecto). Este supón establecer colaboracións con empresas ordinarias e facilitar a incorporación dos usuarios. Ben coa contratación dende o primeiro día. Ben tras un periodo de formación previo. En ámbolos dous casos, se acompañará dun preparador laboral que lle facilitará ao traballador a súa adaptación ao posto para, máis adiante, irlle retirando os apoios programados. E, de seguido, entrar na fase de seguemento e valoración global do proceso. Paralelamente a esta, os usuarios e, tras rematar o seu horario laboral, deberán complementar a xornada laboral con diversos itinerarios formativos.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol, 2008-07-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (receta_electronica.jpg) Un total de 45 municipios gallegos dispondrán del servicio de receta electrónica: la Xunta estima que hasta finales de 2008 se emitirán 300.000. El presidente del Ejecutivo gallego destacó que lo «pionero» de este sistema con respecto a los que ya se han puesto en marcha en Cataluña y Andalucía es «su carácter integrado».
Foto de la tercera plana (barquito_amarrado_puerto.jpg) Los profesionales del sector verán reconocidos los buques pesqueros como sus centros de trabajo en la nueva Ley de Pesca. Por otra parte, Mozambique y Pescanova realizarán estudios conjuntos para introducir la acuicultura en el país. La empresa gallega anuncia el comienzo de su producción de tilapia en las instalaciones de Pernambuco (Brasil).

Notas

O contrato da modernización administrativa adxudicouselle á empresa Informática El Corte Inglés que oferta a plataforma eSIGEM utilizada pola Deputación provincial e por outros concellos.
Os dous mandatarios aproveitaron a reunión para abordar iniciativas de cooperación entre Galicia e Namibia. Pesca envía contenedores con equipamento para a fábrica de Omahenene.

Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información