Notas de prensa

CC.OO. denuncia que a Consellaría de Educación pretende reducir profesorado para o vindeiro curso e ameaza con mobilizacións

Segundo a Federación do Ensino da organización sindical, o acordo asinado o ano pasado establece unhas condicións que non pode alterar de xeito unilateral o departamento educativo.

A Consellaría de Educación, a través da Inspección Educativa e do servizo de persoal, está facendo chegar aos centros información sobre a dotación do profesorado para o vindeiro curso. Segundo denuncia a Federación do Ensino de Comisións Obreiras (CC OO—Ensino), o denominador común desta información é a redución de persoal respecto do pasado curso.

Segundo CC OO—Ensino, a reducción do profesorado non se produce como consecuencia da reducción de grupos de alumnos, senón que a igual número de grupos —ou incluso incrementándose—, «preténdese dotar p centro de menos persoal, algo inadmisible». Ao tempo, o sindicato denuncia que a decisión se adopte nun momento no que se está a cargar de máis traballo burocrático aos centros.

Repercusións desta decisión

A organización sindical explica que a redución de persoal afectará de diferentes maneiras os centros. Prexudicaría na atención á diversidade, á propia organización interna, á posibilidade de oferta de materias optativas «e mesmo na calidade do servizo educativo público», aseguran desde CC OO.

Posibles mobilizacións

CC OO—Ensino lémbralle á Administración educativa que o Acordo de Secundaria do ano 1998 e o Acordo de cadros de persoal e horarios para o corpo de mestres asinado o 8 de xullo de 2007 «establecen unhas condicións que non poden ser alteradas de forma unilateral pola Consellaría de Educación».

Por este motivo, a Federación do Ensino comunícalle ao departamento educativo que «permaneceremos atentos ao cumprimento dos acordos». Así mesmo, os representantes sindicais advírtenlle á Consellaría que calquera incumprimento dos acordos «terá como consecuencia un inicio de curso 'quente', no que non descartamos mobilizar ao profesorado».

Gabinete de Comunicación de CC.OO., 2008-07-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (bolsa.jpg) El grupo de investigación de Sistemas Inteligentes de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) diseña un software libre que detecta asociaciones entre el contenido de noticias financieras y las variaciones significativas de la cotización de acciones en el IBEX 35 posibilitando predicciones a corto plazo.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

O papel da policía municipal: En Galicia e fóra da nosa terra, teñen aparecido casos que poñen en cuestió...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información