O padroado da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC) acordou constituír o Observatorio da Competitividade de Galicia como unidade de análise e proposta para o seguimento da situación e da evolución da comunidade neste ámbito. O máximo órgano de decisión da Fundación, que preside o titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, reuniuse en Santiago coa participación do conselleiro de Economia e Facenda, José Ramón Fernández Antonio; o vicepresidente da Fundación, Javier Riera Nieves; Honorato López Isla, conselleiro delegado de Unión Fenosa; Manuel Jove Capellán, presidente de Ineravante; Antonio Abril Abadín, secretario do consello de administración de Inditex; José María Barja Pérez, reitor da Universidade da Coruña; Alberto Gago Rodríguez, reitor da Universidade de Vigo; José Luis Méndez López, director xeral de Caixa Galicia; Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández, director xeral do Igape; e o novo xerente da Fundación, José María Martín Moreno.
O Observatorio da Competitividade traballará estreitamente cos comités de área da FSC e con grupos de expertos cun enfoque de traballo en rede e búsqueda de sinerxias entre o sector empresarial, o investigador e o institucional. Entre os traballos que desenvolverá a nova unidade estarán a análise da competitividade de Galicia e dos seus clústers, os estudos comparativos con economías, mercados e clústers internacionais, e a definición e análise de escenarios e tendencias globais. Ademais, o Observatorio realizará un seguimento de indicadores de competitividade, e promoverá a difusión de modelos de cooperación entre clústers, así como o fomento e a difusión da cultura e os conceptos da competitividade.
O padroado analizou tamén as actividades desenvolvidas no primeiro semestre do ano pola Fundación, entre as que figura a posta en marcha da sociedade de investimento Crecentia Galicia, impulsada por Inveravante e as entidades financeiras galegas; o impulso do EnergyLab como Laboratorio de Eficiencia Enerxética; ou a consecución para Galicia do proxecto Whyville, plataforma tecnolóxica baseada na utilización de Internet no campo da educación de nenos e xoves; e o desenvolvemento do plan estratéxico da Agrupación de Empresas Innovadoras (AEI) de Enerxías Renovables e Medio Ambitente, que obtivo a calificación de excelente polo Ministerio de Industria.
A ferramenta da triple hélice galega
No seu papel promotor e impulsor de ideas e proxectos no ámbito da sociedade do coñecemento, a FSC xestionou a posta en marcha destas iniciativas que, xunto co novo Observatorio da Competitividade, abranguen os distintos ámbitos recollidos nos comités de área da Fundación: o de Innovación e Coñecemento, dirixido por Honorato López Isla; o de Novos Negocios e Emprendedores, Manuel Jove; o de Cooperación e Competitividade, liderado por Javier Riera; e o de Internacionalización, a cargo de Pierre Ianni.
O máximo organo reitor da Fundación tamén acordou a aprobación do orzamento para o presente exercicio e ratificou o nomeamento do novo xerente, Jose María Martín Moreno.
A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento ten por obxecto o impulso, promoción e coordinación de actividades para a mellora da competitividade das empresas galegas e a súa internacionalización; a análise de novos proxectos de investimento; a extensión e implantación de novas tecnoloxías; o desenvolvemento da sociedade da información e o impulso das redes de coñecemento e cooperación. As empresas e institucións fundadoras son PSA Peugeot Citroën, Inditex, Unión Fenosa, Coren, Pescanova, e Finsa; as entidades financeiras Caixa Galicia, Caixanova, Banco Pastor; as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña; e a Administración galega.
Santiago de Compostela acogió la celebración de dos manifestaciones en las que agricultores gallegos demandan precios dignos para la leche y ayudas públicas al sector. La división entre los sindicatos agrarios llevó a una doble convocatoria: por un lado la protesta de Unións Agrarias y de Xóvenes Agricultres, y por otra la del Sindicato Labrego Galego.
Presentado en el Museo Provincial el catálogo de fondos digitalizados de la obra de Castelao, que recoge en la web cerca de dos mil dibujos del intelectual galleguista. El catálogo, que puede ser visitado a través de la página web del Museo, pone a la disposición directa de los ciudadanos toda la obra plástica de Castelao custodiada en el Museo de Pontevedra.

