O responsable da Área de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, inaugurou unha exposición colectiva de 5 artistas lucenses que estará aberta ata o vindeiro 31 de agosto no Museo de Lugo. Esta mostra que leva por título A Pel dos Sentidos reúne obras de Antía Moure, Laura Pernás, Mar Vicente, Ernesto González Torterolo e Nachok.
Antonio Veiga destacou a importancia de que un artista xa consolidado, como é Caxigueiro, fose o encargado de comisariar esta mostra de novos valores emerxentes da arte lucense “dende a Área de Cultura temos o ánimo de potenciar aos novos artistas pero é moi importante contar coa colaboración de artistas consagrados que avalen, coa súa experiencia, a calidade dos traballos que se van a expoñer”. Veiga lembrou aos asistentes o empeño do goberno da Deputación, e concretamente da área de cultura, por facer do museo de Lugo un espazo vivo e aberto, no que os artistas lucenses atopen un escenario propicio para achegar á cidadanía as súas creacións sen trabas nin cortapisas.
O autores das obras que conforman a exposición A Pel dos Sentidos son: Ignacio Castro (1974), Antía Moure (1981), Laura Pernás (1979), Ernesto González (1974), Mar Vicente (1979). Ademais de participar nesta exposición tres destes artistas, Ignacio, Ernesto e Laura, teñen obras expostas na exposición coñecida como proxecto Abertal que recolle a obra de 99 artistas lugueses e que estará aberta no Museo de Lugo durante a celebración do 75 aniversario.
Santiago de Compostela acogió la celebración de dos manifestaciones en las que agricultores gallegos demandan precios dignos para la leche y ayudas públicas al sector. La división entre los sindicatos agrarios llevó a una doble convocatoria: por un lado la protesta de Unións Agrarias y de Xóvenes Agricultres, y por otra la del Sindicato Labrego Galego.
Presentado en el Museo Provincial el catálogo de fondos digitalizados de la obra de Castelao, que recoge en la web cerca de dos mil dibujos del intelectual galleguista. El catálogo, que puede ser visitado a través de la página web del Museo, pone a la disposición directa de los ciudadanos toda la obra plástica de Castelao custodiada en el Museo de Pontevedra.

