O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, mantivo unha reunión de traballo con representantes do comercio do país para analizar a evolución do sector comercial nos últimos anos e no que vai do presente 2008. O titular nacionalista informou logo desta reunión, á que asistiron José María Seijas, presidente da Federación Galega do Comercio, Xosé Bangueses, presidente do Foro Galego do Comercio e Xavier Pérez Bello, vicepresidente da Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA), que a Consellaría de Innovación e Industria porá en marcha unha serie de mecanismos que conxuntamente consideraron “necesarios para a boa marcha do comercio” nunha situación que o conselleiro valorou como “moi complexa”.
Neste sentido, o conselleiro deu a coñecer os últimos datos da evolución do comercial no país, que reflicten unha baixada media de vendas de entre o 15 e o 20% como consecuencia da crise económica e das condicións climatolóxicas no caso do téxtil e do calzado. Por outra parte, tanto o número de comercios como o emprego mantén os niveis dos últimos anos, cun comercio máis que no ano 2005 e un 6,4% máis de emprego.
Segundo explicou Fernando Blanco, o seu departamento axilizará “todo o posíbel” o proxecto de Lei de Comercio Interior de Galiza, unha medida que os comerciantes consideran necesaria xa que entenden que esta Lei será unha “boa ferramenta”, dixo o conselleiro, de cara ao futuro.
Por outra banda, a Consellaría de Innovación e Industria traballará conxuntamente co IGAPE e co propio sector comercial para o establecemento de liñas de financiamento específicas e ademais, iniciará reunións coa coas entidades financeiras públicas de Galiza para conseguir pola súa parte unha actitude “máis proactiva” dentro do sector do comercio co obxectivo, segundo dixo o titular da Consellaría, de “garantir a pervivencia e a continuidade no tempo” do sector.
Por último Fernando Blanco informou de que Innovación continuará apostando polo desenvolvemento de campañas de comercio e plans de formación e mellora da calidade, calidade que constitúe, ao seu xuízo, a “baza competitiva do pequeno comercio”.
O conselleiro asegurou que estas medidas, xunto co esforzo dos comerciantes e a confianza de que “estamos afrontando unha crise que pasará como todas as crises”, conseguirase que os comercios estean “ben posicionados e teñan capacidade para medrar de cara ao futuro”. Nese sentido, o conselleiro dixo que no sector hai “optimismo” para enfrontarse a unha situación moi complexa “que require dun traballo conxunto entre a iniciativa privada e a administración para definir e analizar continuamente como enfrontarse da mellor maneira posible a ela”.
Santiago de Compostela acogió la celebración de dos manifestaciones en las que agricultores gallegos demandan precios dignos para la leche y ayudas públicas al sector. La división entre los sindicatos agrarios llevó a una doble convocatoria: por un lado la protesta de Unións Agrarias y de Xóvenes Agricultres, y por otra la del Sindicato Labrego Galego.
Presentado en el Museo Provincial el catálogo de fondos digitalizados de la obra de Castelao, que recoge en la web cerca de dos mil dibujos del intelectual galleguista. El catálogo, que puede ser visitado a través de la página web del Museo, pone a la disposición directa de los ciudadanos toda la obra plástica de Castelao custodiada en el Museo de Pontevedra.

