
Chegan ao aeroporto de Lavacolla, Santiago de Compostela, os primeiros participantes no programa “Volver á Terra” que organiza a Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e Benestar e que ten por finalidade favorecer o achegamento á súa terra e ás súas familias dos emigrantes galegos de máis de 60 anos de idade que nos últimos 15 anos naturais non participaran en programas de viaxe desta secretaría xeral.
O obxectivo é que os participantes redescubran as súas raíces, tanto de tipo cultural, como social, gastronómico, folclórico..., poñéndose en contacto coa realidade actual do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias e o intercambio de experiencias co resto dos participantes.
O programa desenvolverase ao longo de tres meses e terá dúas fases diferenciadas: a primeira delas consistirá no goce de dúas semanas na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño (Ourense), desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas aos participantes e con excursións, en transporte colectivo, a distintos lugares para un coñecemento da Galicia de hoxe en día, na que se inclúe unha visita, o día 6 de novembro, a Santiago de Compostela, con percorrido pola cidade monumental e recepción institucional. Tamén visitarán as cidades de A Coruña e Ourense; en canto á segunda fase, esta consiste nunha estadía cos seus familiares de Galicia ata completar un tempo máximo de tres meses.
En total son 186 participantes que chegarán en dúas quendas, 126 no día de hoxe e outros 60 o vindeiro día 18. O grupo total está composto por 127 beneficiarios, 54 deles acompañados polos seus cónxuxes, 4 médicos e 1 coordinador. Por países de procedencia 117 veñen de Arxentina, 49 de Uruguai, 11 de Cuba e 9 de Brasil. O requisito solicitado aos beneficiarios de ter cumpridos os 60 anos de idade dáse en todos os beneficiados do programa, aínda que no seu conxunto a idade media pódese establecer nos 70 anos. Ademais, os maiores son dous participantes, que contan con 89 e 88 anos e residen en Montevideo. Mentres que o mais novo ten 62 anos e reside en Brasil. Chegaron ao aeroporto de Lavacolla 57 participantes procedentes de Arxentina, 9 de Brasil e 48 de Uruguai e pola tarde chegarán 11 de Cuba e 1 de Brasil.
PLAN DE ACTUACIÓN
A Secretaría Xeral de Emigración organiza este programa encargándose de:
- A programación xeral, convocatoria, publicidade e execución do programa.
- A difusión do programa e recepción das solicitudes.
- A selección dos beneficiarios.
- O financiamento da viaxe e posterior regreso ao país de residencia.
- A atención, seguros, animación e programación de actividades durante a estadía na residencia de tempo libre.
Mentres que á Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, correspóndelle o aloxamento e mantenza dos participantes durante a estadía na residencia de tempo libre do Carballiño e a colaboración na realización de actividades.
La compraventa de viviendas cayó un 27,4% en 2011, con respecto a la cifra alcanzada en 2010, en Galicia, hasta las 16.390 operaciones, con lo que revierte el resultado del año pasado en el que las compras crecieron un 6%, de acuerdo con los datos publicados por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Guillerme Vázquez (BNG) ha instado a los miembros de su partido que consideren que su proyecto ya no es esta formación política a que tomen la decisión sobre su continuidad "cuanto antes". Pachi Vázquez (PSdeG) ha pedido a sus compañeros de partido ser "pragmáticos" y "cerrar cuanto antes el debate orgánico".
