Notas de prensa

A Consellería de Educación xa ingresou as axudas da Gratuidade Solidaria dos libros para 28.000 escolares

Máis de 220.000 escolares do ensino público galego iniciaron este curso 2009/2010 en 1.200 centros educativos dotados de todos os recursos fundamentais para o seu funcionamento, según o balance presentado pola Xunta de Galicia.

Máis de 220.000 escolares do ensino público galego iniciaron este curso 2009/2010 en 1.200 centros educativos dotados de todos os recursos fundamentais para o seu funcionamento. Así o confirmou o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, José Manuel Pinal Rodríguez e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; José Luís Mira Lema, nunha rolda de prensa de balance da 'volta ao cole', na que estiveron acompañados da subdirectora xeral de Xestión Orzamentaria e de Recursos Educativos Complementarios, Ana Ornilla Guillamón.

A subdirectora xeral de Xestión Orzamentaria e de Recursos Educativos Complementarios destacou ademais o esforzo realizado pola Secretaría Xeral de Educación neste inicio de curso “para asegurar que todos os alumnos e alumnas gozaran duns centros educativos nas mellores condicións”. Grazas a un investimento de máis de 9.420.000 euros en novas obras, os rapaces de Cervo teñen este curso novo edificio; mentres que alumnado de Abegondo, Castro Mos , Bueu ou Castrillón viron ampliadas e melloradas as súas aulas e ximnasios.

Ademais, Ana Ornilla anunciou a inminente incorporación ás clases dos nenos e nenas de Ponteareas, que non puideron estrear aínda o novo colexio por un conflito sen resolver entre o Concello e o propietario da leira colindante. A Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra, busca unha alternativa para que estes rapaces poidan volver ás aulas no centro do Val do Tea .

Asimesmo a subdirectora xeral de Xestión Orzamentaria e de Recursos Educativos Complementarios explicou que Educación estuda caso por caso a ampliación dos comedores escolares, tendo en conta as necesidades de cada centro. En todo caso, destacou que o fundamental é facer un uso responsable da marxe presupostaria dispoñible, xa que o anterior equipo da Consellería deixou un déficit de máis de 4,5 millóns de euros neste servizo.

Para aumentar o número de comensais nos comedores escolares a Consellería reorientou a esta partida orzamentaria os tres millóns de euros aforrados co novo sistema de 'Gratuidade Solidaria' para a compra dos libros de texto. O director xeral de Centros deu conta de que 28.000 nenos e nenas xa poden ter libros en propiedade grazas a que xa cobraron as axudas. En total, as familias destes escolares recibiron xa 4.600.000 euros cos que sufragar o coste dos manuais.

O éxito da 'Gratuidade Solidaria' débese en boa parte á colaboración dos centros educativos na tramitación das solicitudes, facendo un esforzo complementario ao que de por si constitúe o inicio de ano académico.

Pinal Rodríguez tamén quixo aclarar que a Consellería de Educación aumentou este curso en 153 o número de profesores no ensino non universitario, para dar resposta ao incremento de alumnos e alumnas matriculado.

Ademais, explicou que a Inspección Educativa analiza as necesidades de cada centro educativo para asignarlle os correspondentes docentes, polo que a adxudicación de prazas aínda non está rematada. A atención aos casos individuais intensifícase no caso do alumnado con necesidades educativas especiais. No presente curso adxudicaranse 1.920 prazas de profesorado que atende necesidades específicas. “Deste xeito a Consellería de Educación no só cumpre cos mínimos marcados por catálogo, senón que ademais incrementa as contratacións con 900 mestres por encima do mínimo que marca a lei”, destacou Pinal.

A Consellería de Educación traballa na posta en valor da figura do docente como transmisor de valores á sociedade, e como mostra do seu compromiso con estes profesionais.

Outra das tarefas ineludibles do departamento de Educación da Xunta de Galicia para este novo curso 2009/2010 era a optimización dos recursos para ofrecer un sistema educativo máis eficaz. Nesta liña de actuación, e tal e como explicou o director xeral de Educación, José Luís Mira; as Escolas Oficiais de Idiomas disporán de máis horas de docencia para poder ampliar a oferta a ata 6.200 estudantes máis.

Sendo consciente do desfase organizativo das EOIs, Mira Lema adiantou que a Dirección Xeral do que é responsable traballa cos equipos directivos das escolas na elaboración dun proceso de matriculación informatizado para evitar as colas que se forman desde hai anos para obter praza.

O director xeral de Educación rematou cualificando de “éxito” a entrada neste novo curso académico, pese ao pouco tempo de preparación do que dispuxo a Consellería.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2009-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (vazquez_caballero_38congreso.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania