Notas de prensa

Novas Noites regresa á Capela do Torrente Ballester como café-concerto alternativo

Novo Tango, blues, cabaré-burlesque e pop indie son as propostas para outubro do ciclo Novas Noites que convirte cada xoves a Capela do Torrente Ballester nun café-concerto alternativo. O programa arranca o xoves 1 de outubro.

A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, anunciou o regreso do ciclo Novas Noites. Unha proposta innovadora para as noites dos xoves coa que a Capela do Centro Cultural Torrente Ballester se transforma nun café-concerto no que as mesas e cadeiras sustitúen ás filas de butacas. Xunto a unha improvisada barra de bar, o público poderá disfrutar dunha oferta variada e alternativa que, no mes de outubro, estará cargada de blues, cabaré, novo tango, pop indie ou novo folk. Co seu espectáculo Homenaxe a Piazzolla, Tiempo Cuatro será o encargado de inaugurar o ciclo o xoves, 1 de outubro, a partires das 22 horas. Un horario que se manterá invariable durante todas as sesións. O mesmo que o prezo das entradas: a cinco euros. No caso de mercar o bono para cinco funcións o prezo se reduce ata os 3 euros por sesión. ¿Para mercar os tickets? No Punto de Información Cultural (PIC) do Teatro Jofre ou chamando ao teléfono 981. 944244. O día do concerto tamén se poderán adquirir no propio centro Torrente Ballester.

Esta será a oferta de Novas Noites para o mes de outubro:

1 de outubro. Tiempo Cuatro, co seu espectáculo de novo tango “Homenaxe a Piazzolla”. Este grupo nace como seminario de traballo no ano 2002 para profundizar no tango instrumental contemporáneo de Astor Piazzolla. Está constituído por catro músicos de sólida formación académica e dilatada experiencia artística. A fusión de estilos é o rasgo distintitivo e queda de manifesto na utilización de formas clásicas con outras máis evolucionadas. Estas misturas xeneran, contraditoriamente, un equilibrio musical que se traduce na concepción de Astor Piazzolla como Novo Tango.

8 de outubro. Victor Aneiros Band, con “Heroe Secreto”. Guitarrista, cantante e compositor é a proba vivinte de que o blues non coñece fronteiras. “Os saloucos son comúns en calquera parte do mundo e establecen relacións sólidas entre culturas estrañas”, dixo un poeta africano, pai da teoría da negritude. Así, o blues en galego ten todo o sentido do mundo. E parece telo moito máis na voz e a guitarra de alta enerxía e sen límites sobre o escenario deste músico galego.

15 de outubro. Almacabra, con “Black Cherry Burlesque”. Inspirándose nos shows dos anos 50 e cunha estética moi pin up americana nace este espectáculo pura fusión do cabaré máis burlesco coas formas máis actuais, onde se misturan músicas, cancións, malabares... Todo elo cunha linguaxe cómica-satírica con vocación pícara e exhibicionista, á procura da participación do público.

22 de outubro. Boat Beam con “Puzzle Shapes”. Boat Beam é a suma de Josephine, Alisha e Aurora. Unha australiana, unha americana e unha española. É un grupo que usa as cordas da guitarra, a viola, o chelo e o piano para tecer música que soa a Debussy e Satie pero tamén a The Cinematic Orchestra e The Divine Comedy. É un grupo que usa as súas voces para facer cancións como as que cantan Fiona Apple o Tori Amos, pero tamén como as que cantarían escritores como Sylvia Plath ou Patrick Süskind se se tivesen dedicado a isto. Boat Beam inspíranse na boa música de Jóhann Jóhannson, The Dresden Dolls e PJ Harvey, pero tamén noutras cousas exquisitas.

27 de outubro. Anni B. Sweet. A cantautora folk-pop Ana López vén sumando sen cesar afiliados ao seu clube de fans dende que colgara algunhas cancións en MySpace, e agora que ten disco oficial a súa fama só debería estalar de todo. Anni B. Sweet vén a sumarse a esa pequena nómina de artistas indies nacionais cuxa música pode chegar-afectar a un público amplo, indie e non indie.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol, 2009-09-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (rubalcaba.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, que acudirá al 38º congreso de los socialistas como portavoz de la delegación gallega, asumirá la posición "mayoritaria" de los 54 delegados que apoyan a Alfredo Pérez Rubalcaba para relevar a José Luis Rodríguez Zapatero al frente de la dirección de su partido, en la pugna con Carme Chacón.
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania