Notas de prensa

Galicia buscará o seu equilibrio no futuro modelo de financiación autonómica

O conselleiro de Presidencia inaugurou as xornadas da EGAP sobre o futuro do Estado autonómico. Reclama que non se produzan “presións irresponsables” sobre o Tribunal Constitucional.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, inaugurou na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) as xornadas Cara onde vai o Estado autonómico?, nas que destacou o sentido da responsabilidade amosado sempre por Galicia no modelo autonómico e o seu esforzo por buscar equilibrios entre a unidade e a diversidade, na distribución do poder territorial e na dobre identidade galega e española.

Na súa intervención, o titular de Presidencia incidiu na plena disposición galega a participar no proxecto común de España sen renunciar á súa identidade galega e, tras trinta anos da aprobación dos primeiros Estatutos de Autonomía, subliñou a pertinencia das xornadas iniciadas hoxe porque é “o momento oportuno para analizar o Estado autonómico e o seu futuro.

“É un asunto de máxima transcendencia e actualidade”, apuntou Rueda, que recordou a reforma do Estatuto de Autonomía de Cataluña e o fallo do Tribunal Constitucional que está pendente sobre o novo texto. Así, aproveitou para reclamar que non se produzan “presións irresponsables” sobre o Alto Tribunal, que deberá tomar unha decisión desde a máis “estricta obxectividade e observancia da legalidade”.

Tamén se referiu á reforma estatutaria catalana o director da EGAP, Pablo Figueroa, quen na súa intervención incidiu na oportunidade que representan estas xornadas neste momento, xa que “quen de verdade queira resolver un problema, primeiro debe velo”, dixo citando a Ortega y Gasset.

Pola súa banda, o coordinador das xornadas, o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, Roberto Blanco Valdés, aproveitou o acto para glosar a figura do presidente do Consello de Estado, Francisco Rubio, que foi o encargado de ofrecer a conferencia inaugural da xornada e a quen definiu como “o máis importante constitucionalista español destes momentos e moi probablemente da segunda metade do século XX”.

Na súa conferencia, titulada Reforma constitucional. Un debate aberto, o presidente do Consello de Estado e catedrático de Dereito Constitucional realizou un percorrido polo Estado das Autonomías tras recordar que “os seus futuros posibles están en función do seu presente, como o presente está en función do seu pasado”.

Francisco Rubio indicou que o presente é o resultado do que chamou “a terceira gran onda de reformas estatutarias” e considerou que de cara ao futuro ábrense tres sendas, na que a máis probable pero menos satisfactoria é seguir coa actual situación. As outras dúas pasan por unha reforma constitucional, ben sexa mantendo o Estado das Autonomías establecendo normas que regulen o procedemento de reforma dos Estatutos, ou ben indo cara un Estado federal.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, 2009-11-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (rubalcaba.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, que acudirá al 38º congreso de los socialistas como portavoz de la delegación gallega, asumirá la posición "mayoritaria" de los 54 delegados que apoyan a Alfredo Pérez Rubalcaba para relevar a José Luis Rodríguez Zapatero al frente de la dirección de su partido, en la pugna con Carme Chacón.
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania