
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou a súa chegada a Sao Paulo, en escala cara a Salvador de Bahía, onde lle será concedido o título de Ciudadano Bahiano, que os principais obxectivos da súa viaxe pasan por “mellorar os lazos institucionais e económicos, impulsar o Xacobeo 2010, e fortalecer o compromiso e o afecto coa colectividade”.
Neste sentido, o mandatario galego quixo destacar a importancia de “profundar nas relacións cunha parte do mundo que para Galicia ten obxectivos culturais, históricos, institucionais, económicos e, por suposto, coa colectividade, coa emigración”. “Brasil, Arxentina e Uruguai acollen a miles de galegos; probablemente, as colonias máis importantes se ubican nesta zona de América do Sur”, incidiu.
Así, e en referencia á primeira das tres metas propostas, a da mellora dos lazos institucionais e económicos coa rexión, Feijóo sinalou que con países como Brasil, “unha das primeiras potencias do mundo”, existe xa “un intercambio en importacións e exportacións” que beneficia á nación sudamericana e que, polo tanto, “pódese exportar moito máis a este gran país, sobre todo en época de crise, cando hai menos posibilidades de exportar ao resto de España e de Europa”.
Por outra banda, e no tocante a difusión do Xacobeo 2010, o presidente galego manifestou o seu desexo de poder “ensinar e animar: ensinar o que imos facer e animar á xente a que veña a Galicia”. “Imos intentar que cada centro galego se converta nunha embaixada do Xacobeo, e que cada galego se converta nun embaixador do Xacobeo”, puntualizou.
O compromiso coa emigración
Así mesmo, Núñez Feijóo quixo lembrar, tamén, que o terceiro obxectivo de estreitamento dos vínculos coa colectividade é un propósito ao que aspiraron e no que traballaron todos os seus predecesores no cargo. “Trátase dun compromiso iniciado por todos os presidentes da Xunta, desde 1992 con Xerardo Fernández Albor, os 16 anos de Manuel Fraga, os 4 anos de Emilio Pérez Touriño; e agora, por suposto, imos continuar por esta senda”. Unha senda que, como resaltou o propio Feijóo, transitará pola “equiparación de dereitos, tanto sociais, no ámbito da sanidade e no ámbito dos servizos sociais, como dereitos fundamentais”, especialmente o “dereito ó voto, que significa un voto nunha urna de cristal”.
Por último, o titular da Xunta amosou o seu agradecemento pola concesión do título de Ciudadano Bahiano. “Veño a agradecer formalmente á Asemblea Xeral do Estado de Bahía o título de Ciudadano Bahiano. E veño a agradecer e a recoñecer que quen consigue realmente ese título son os 30.000 galegos bahianos, que foron os que instaron ao parlamento a este recoñecemento, que non é a unha persoa se non que é a Galicia, e neste caso a quen ocupa a presidencia de Galicia neste momento”, rematou.
La compraventa de viviendas cayó un 27,4% en 2011, con respecto a la cifra alcanzada en 2010, en Galicia, hasta las 16.390 operaciones, con lo que revierte el resultado del año pasado en el que las compras crecieron un 6%, de acuerdo con los datos publicados por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Guillerme Vázquez (BNG) ha instado a los miembros de su partido que consideren que su proyecto ya no es esta formación política a que tomen la decisión sobre su continuidad "cuanto antes". Pachi Vázquez (PSdeG) ha pedido a sus compañeros de partido ser "pragmáticos" y "cerrar cuanto antes el debate orgánico".
