Notas de prensa

O Cetmar colabora con Cabo Verde no desenvolvemento da pesca artesanal

O proxecto, financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, terá unha duración de dous anos.

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR colaborará co Goberno de Cabo Verde no desenvolvemento da pesca artesanal dese país. Un acordo de cooperación subscrito entre a institución galega e o Ministerio do Ambiente, do Desenvolvemento Rural e dos Recursos Mariños permitirá a posta en marcha dun proxecto que ten como obxectivo estruturar e fortalecer o sector pesqueiro artesanal caboverdiano. Con financiamento da Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, as accións previstas iniciaranse o 1 de febreiro e estenderanse a un período de dous anos.

Mellorar o nivel de vida das comunidades pesqueiras artesanais de Cabo Verde mediante o exercicio desa actividade e mediante a comercialización dos produtos pesqueiros é o obxectivo xeral do proxecto que levará a cabo o CETMAR, que xa ven de colaborar co goberno daquel país en outras accións similares. Sempre dende unha perspectiva de rendibilidade económica, equidade social, sustentabilidade ambiental e seguridade alimentaria, o acordo subscrito agora pretende contribuír a estruturar e fortalecer ao sector pesqueiro artesanal, tanto a nivel institucional como de comunidades costeiras.

Como resultado das accións a desenvolver nos vindeiros dous anos agárdase mellorar as capacidades técnicas das institucións que xestionan ao sector da pesca artesanal de Cabo Verde e incrementar a capacidade de organización e autoxestión deste, mellorando a cooperación entre administración e pescadores. Tamén se persegue aumentar a rendibilidade dos procesos da cadea de valor do produto pesqueiro, mellorar as condicións de hixiene alimentaria e, finalmente, incrementar a capacidade técnica das institucións investigadoras.

Ademais dos pescadores e comercializadores das comunidades de pesca artesanal caboverdianas e da súa poboación, serán beneficiarios das accións previstas no proxecto os membros da Dirección Xeral de Pesca, do Instituto Marítimo Portuario, do Instituto Nacional de Desenvolvemento Pesqueiro e da Universidade de Cabo Verde.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-01-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (vivienda_fachada_3.jpg) La compraventa de viviendas cayó un 27,4% en 2011, con respecto a la cifra alcanzada en 2010, en Galicia, hasta las 16.390 operaciones, con lo que revierte el resultado del año pasado en el que las compras crecieron un 6%, de acuerdo con los datos publicados por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Foto de la tercera plana (montaje_vazquez_vazquez.jpg) Guillerme Vázquez (BNG) ha instado a los miembros de su partido que consideren que su proyecto ya no es esta formación política a que tomen la decisión sobre su continuidad "cuanto antes". Pachi Vázquez (PSdeG) ha pedido a sus compañeros de partido ser "pragmáticos" y "cerrar cuanto antes el debate orgánico".

Notas

O Goberno galego prepara a que será a primeira Lei de Telecomunicacións en 30 anos de autonomía, e avanza que as blindará como un servizo público para garantir o seu desenvolvemento coordinado e planificado. O sector aglutina en Galicia a 1.500 empresas e a 13.000 traballadores.
No marco do Festival Internacional de Cine de Berlín, que se celebra do 9 ao 17 de febreiro, a Xunta apoia á promoción do cine galego a través dun convenio para a internacionalización co Consorcio Audiovisual de Galicia. Considérase o segundo maior mercado mundial logo de Cannes, en Francia.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania