Notas de prensa

O secretario xeral de Medios cualifica a TDT como un cambio tecnolóxico histórico

Na súa comparecencia parlamentaria, o responsable da Secretaría Xeral de Medios di que a prioridade do Goberno galego é achegar o sinal de televisión a cada un dos galegos. Cabaleiro destaca que este proceso de dixitalización senta as bases para facer un desenvolvemento da banda larga en todos os concellos de Galicia nos vindeiros anos.

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, falou durante a comparecencia parlamentaria solicitada a petición propia de normalidade no proceso de implantación da TDT en Galicia, que se está a desenvolver desde o pasado 18 de xaneiro e que na xornada de onte remataba as fases I e II, achegando a televisión dixital a máis de 1.500.000 galegos de 203 concellos.

Para Cabaleiro este é “un cambio tecnolóxico histórico que ten como protagonistas principais aos cidadáns e o sector das telecomunicacións e que permitirá facer un desenvolvemento sostible da banda larga en todos os concellos de Galicia nos vindeiros anos”. Sinalou que o Goberno galego “tivo que executar en poucos meses un plano de despregamento de centos de centros emisores, cumprindo os obxectivos previstos, con ritmo e realismo, coa máxima cobertura e igualdade xeográfica, un apagado analóxico que resulta xa imparable e unha nova dixitalización televisiva que, como responsables políticos, debemos garantir, non permitindo nisto un novo retraso histórico.”

En canto ao desenvolvemento do proceso, Alfonso Cabaleiro afirmou que se están a cumprir os obxectivos previstos sen obviar as incidencias que se están a resolver no menor tempo posible. Neste sentido, situou como obxectivo prioritario do Goberno galego achegar o sinal de televisión a todos os cidadáns da Comunidade “sen importar a súa situación económica nin a zona onde vivan”. Lembrou que as incidencias de carácter técnico estanse a solventar coa maior celeridade posible aínda que nalgúns casos máis complexos se precisan días para resolvelas definitivamente. Por iso, o secretario xeral quixo “agradecer aos cidadáns a súa comprensión e o recoñecemento a todos os técnicos que traballaban día e noite e en medio de temporais no proceso de implantación da TDT.”

Coberturas e satélite

A cobertura prevista para a TDT en Galicia é do 98%, aínda que segundo os datos recabados a cobertura real está ser maior que a planificada. A solución para ese 2% aproximado de poboación ubicado en zonas con dificultades para acceder á televisión dixital terrestre, ao estar en zonas dispersas e illadas, é a plataforma satelital. O secretario xeral de Medios lembrou que se están a estudar fórmulas de colaboración cos concellos para facilitar os acceso a este servizo a cidadáns sen recursos e a colectivos en risco de exclusión social.

Coordinación

Cabaleiro definiu a implantación da TDT como un proceso moi complexo tecnicamente no que “foi fundamental a coordinación entre administracións e, agás casos moi específicos, a colaboración de todos os concellos foi excepcional”. O responsable de Medios da Xunta afirmou que, como xa indicara nunha comparecencia anterior, o proxecto non sería viable sen a cooperación dos concellos poñendo a disposición do Goberno autonómico e do Ministerio as infraestruturas necesarias. Esta colaboración tivo como primeiro paso unha labor de información explicando, primeiro no Parlamento, na Fegamp e nas Deputacións o proceso para, a continuación informar concello a concello, da fórmula elixida para o despregamento da TDT, tanto vía postal como mediante xuntanzas cos alcaldes das diferentes provincias e Áreas Técnicas.

Campaña informativa

No ámbito da divulgación, o secretario xeral fixo fincapé no “esforzo informativo para que ningún galego poida sentirse discriminado nun aspecto tan importante que marcará o futuro tecnolóxico de Galicia e a vida diaria e o ocio dos cidadáns galegos”. Lembrou que desde o mes de agosto levouse a cabo unha campaña de comunicación nos medios, prensa escrita, radio e televisión, mediante roldas de prensa nas Áreas Técnicas onde se foi presentado o plan de acendidos dixitais, intensificándose a medida que se achegaban as datas do apagado analóxico.

Para informar aos cidadáns formouse ás operadores/as do teléfono de información da Xunta 012 e potenciouse este servizo en previsión do incremento de chamadas relacionadas coa TDT, que algúns galegos xa viñan realizando a este número. Así mesmo, desde o teléfono da oficina da TDT se xestionaron as labores de información e coordinación cos concellos, empresas instaladoras e a solución de problemas complexos, un servizo que se reforzou e que operou tamén nas fins de semana.

O responsable de medios da Xunta falou de ata 1000 chamadas ao día ao 012 nas primeiras xornadas, que se foron reducindo ata unha media de 220. En canto ao tipo de requerimentos dos usuarios a maioría foron de carácter informativo, sobre a cobertura, a data do apagado do seu concello, orientación de antenas, instaladores autorizados e problemas de sintonización de manexo do mando a distancia. No ámbito da campaña divulgativa, Alfonso Cabaleiro quixo mencionar o “importantísimo papel” xogado polos medios de comunicación, especialmente a televisión e a radio galegas, que entenderon este asunto como unha información de servizo público.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-02-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (rubalcaba.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, que acudirá al 38º congreso de los socialistas como portavoz de la delegación gallega, asumirá la posición "mayoritaria" de los 54 delegados que apoyan a Alfredo Pérez Rubalcaba para relevar a José Luis Rodríguez Zapatero al frente de la dirección de su partido, en la pugna con Carme Chacón.
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania