Notas de prensa

O PPdeG deseña unha campaña para as municipais baseada na proximidade

O voceiro do PPdeG indicou que Feijóo recortará as súas escasas horas de descanso e dedicará parte das súas fins de semana e as tardes-noite dalgúns venres a entrevistarse coa xente de cada unha das comarcas para coñecer as necesidades dos cidadáns.

O voceiro do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou que o PPdeG está a deseñar unha campaña para achegar a Feijóo a todas as comarcas galegas e coñecer as necesidades dos cidadáns. Segundo indicou o popular, ese ía ser un dos temas a tratar polo comité de dirección desta tarde.

Miranda subliñou que a razón desa campaña responde ao obxectivo da formación de reforzar os vínculos coa sociedade que representa e seguir moi atentos ás demandas da rúa e ás preocupacións dos galegos. Así, fixo fincapé en que se ben Feijóo visitou 315 concellos como líder da oposición, agora como presidente dedicará parte das súas fins de semana e as tardes-noite dalgúns venres a entrevistarse con colectivos, asociacións e persoas individuais en visitas a cada unha cas comargas galegas.

Con respecto a isto, o popular afirmou que Feijóo sempre amosou interese en fixar o seu despacho nas rúas de Galicia e dentro das posibilidades que lle permita a súa axenda seguirá facéndoo e engadiu que ese reforzamento da axenda do presidente en clave de partido non lle quitará un só minuto de tempo das súas ocupacións públicas na Xunta. Así mesmo, indicou que os actos de partido, desde que os populares están na Xunta nunca se desenvolveron nas mañás de días de diario e, a partir de agora, os comités de dirección pasaron de ter lugar polas tardes en días laborales ás fins de semana para non distraer aos seus membros das obrigas coa Xunta.

Así mesmo, Miranda tamén indicou que outro dos temas que abordaría o comité desta tarde sería o feito de que o PPdeG xa dispón, de cara ás municipais, de 315 plans para os 315 concellos que hai en Galicia xa que “estamos a 450 días das municipais de 2011” e toca xa comezar a preparar a cita coas urnas “coa maior das ilusións, esforzo, traballo e dedicación”.

Segundo Miranda, o plan do PPdeG de cara ás municipais, que se irá implementando, obedece á vontade de multiplicar o xa de por si amplo poder municipal da formación, gañar peso nas cidades nas que maioritariamente os populares gañaron pero non gobernan e recuperar a cota provincial gañando as catro deputacións. Así mesmo, lembrou que a primeira etapa deste plan comeza esta fin de semana coa Escola de Formación municipal que completará en Allariz a formación dos alcaldes e voceiros populares e que responde á aspiración do PPdeG de que o mellor programa sexa defendido polo mellor candidato.

Ademais, Miranda indicou que o domingo da vindeira semana terá lugar en Santiago o acto de conmemoración do PPdeG, que anunciou xa o pasado luns, ao que acudirá o presidente da formación así como o presidente do PP nacional, Mariano Rajoy, e no que se celebrará que un domingo coma ese pero de fai un ano, Galicia “cambiou a súa propia historia e confiou de forma masiva na opción que lideraba Feijóo para iniciar unha nova etapa. En palabras do popular, será un día para conmemorar un momento clave no que se tirou co tópico do conformismo galego para confiar nunha nova opción fronte a un bipartito desnortado.

Gabinete de Comunicación do PPdeG, 2010-02-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (vivienda_fachada_3.jpg) La compraventa de viviendas cayó un 27,4% en 2011, con respecto a la cifra alcanzada en 2010, en Galicia, hasta las 16.390 operaciones, con lo que revierte el resultado del año pasado en el que las compras crecieron un 6%, de acuerdo con los datos publicados por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Foto de la tercera plana (montaje_vazquez_vazquez.jpg) Guillerme Vázquez (BNG) ha instado a los miembros de su partido que consideren que su proyecto ya no es esta formación política a que tomen la decisión sobre su continuidad "cuanto antes". Pachi Vázquez (PSdeG) ha pedido a sus compañeros de partido ser "pragmáticos" y "cerrar cuanto antes el debate orgánico".

Notas

O Goberno galego prepara a que será a primeira Lei de Telecomunicacións en 30 anos de autonomía, e avanza que as blindará como un servizo público para garantir o seu desenvolvemento coordinado e planificado. O sector aglutina en Galicia a 1.500 empresas e a 13.000 traballadores.
No marco do Festival Internacional de Cine de Berlín, que se celebra do 9 ao 17 de febreiro, a Xunta apoia á promoción do cine galego a través dun convenio para a internacionalización co Consorcio Audiovisual de Galicia. Considérase o segundo maior mercado mundial logo de Cannes, en Francia.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania