Notas de prensa

Os peixes e mariscos galegos, no showcooking de Flavio Morgantini

O especialista culinario promove no Fórum Gastronómico 2010 o consumo dos produtos galegos “pola súa frescura e calidade” e anima aos consumidores a “valorar a nosa materia prima”.

O prestixioso cociñeiro italo-galego Flavio Morganti, do Restaurante Galileo de Ourense, destacou a calidade gastronómica do peixe e marisco galego no transcurso dunha sesión de cociña en directo á que asistiu o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio. A actividade enmarcouse no programa da Consellería do Mar no Fórum Gastronómico 2010, no seu afán de promocionar o consumo dos produtos do mar de Galicia.

O especialista culinario, acompañado do xornalista Tomás Alonso (do programa Larpeiros da TVG) realizou diversas presentacións con produtos da pesca costeira galega, amparados baixo a marca Pescaderías. Ante preto dunhas 200 persoas, o especialista cociñou varios pratos nos que amosou as diferentes posibilidades gastronómicas que ofrecen especies coma o lirio, a xarda, o xurelo, o ourizo ou as navallas, entre outros. O italo-galego animou a consumir os produtos pescados artesanalmente en Galicia e a “valorar a nosa materia prima”. Entre as súas propostas destaca a combinación de peixe con ñoquis, “sobre todo para os mais pequenos”. Mentres cociñaba, Morganti destacou “a frescura e o sabor” dos produtos galegos e enxalzou as súas bondades nutritivas.

Degustacións no stand da Xunta

Ademais, o stand de Galicia no Forum Gastronómico de Santiago, representada polas Consellerías do Medio Rural e do Mar, ofrece hoxe ata sete degustacións dos produtos máis enxebres da Comunidade Autónoma. Os embutidos Castrobello regados con distintos viños da denominación de orixe Ribeira Sacra foron a primeira degustación que a Xunta ofreceu ao longo deste día. Seguidamente, a D.O. Rías Baixas foi a encargada de acompañar os Grelos de Galicia e o polbo das Rías.

A continuación, o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) organizou unha hora de cociña en vivo de produtos ecolóxicos e unha mostra dos viños da D.O. Valdeorras. As setas silvestris e o viño tostado da denominación de orixe Ribeiro tamén tiveron o seu oco neste certame.

A programación desta tarde inclúe a presentación da Indicación Xeográfica Protexida Tarta de Santiago xunto coa degustación do Viño Tostado do Ribeiro e a combinación de Ternera Galega e Patacas de Galicia con viños da D.O. Ribeira Sacra.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-02-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (vazquez_caballero_38congreso.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania