Notas de prensa

A Fundación Laxeiro concede o premio do ano 2010 ao escritor Xosé Neira Vilas

O conselleiro de Cultura e Turismo entrega o Premio Laxeiro 2010 a Xosé Neira Vilas ao que califica de "referente literario, intelectual e, sobre todo, humano" e do que destaca as súas afinidades con José Otero Abeledo -Laxeiro- con que comparte o don de transmitir a tradición cultural dun xeito aparentemente simple.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela participou na reunión do Padroado da Fundación Laxeiro e posteriormente entregou a Xosé Neira Vilas o Premio Laxeiro 2010. Roberto Varela gabou a carreira do galardoado, afirmando que “é un dos grandes nomes da nosa cultura, para min e para todos os que na Xunta de Galicia traballamos en prol da nosa cultura, el será sempre un referente literario, intelectual e, sobre todo, humano”.

O conselleiro de Cultura e Turismo resaltou as afinidades entre o premiado neste 2010, Xosé Neira Vilas e José Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro, “por compartir o don extraordinario de repropoñer en formas aparentemente simples, inmediatamente comunicativas, toda unha tradición cultural” así como posuír “a cualidade rara e preciosa, de creadores verdadeira e sentidamente populares”.

“As afinidades, non tanto electivas coma biográficas e circunstanciais, entre estas dúas figuras clave do noso século vinte, comezan pola súa relación con Galicia, unha relación a miúdo mediada pola distancia da emigración. Laxeiro e Neira Vilas coñecéronse de feito, moitos saberédelo xa, fai case sesenta anos, na biblioteca do Centro Galego de Bos Aires”, engadiu o representante de Cultura.

Roberto Varela recordou que “moitas das figuras fundacionais do noso presente identitario e cultural, por circunstancias históricas, residiron durante longos anos lonxe de Galicia, pero, esa distancia, dolorosa distancia ás veces, foilles tamén de axuda nalgún momento no seu quefacer creativo. Se cadra permitiulles albiscar a necesidade de reinterpretar continuamente a tradición, fíxolles comprender que a identidade dun pobo coma o noso compre refundala cada día a través da lingua e da arte”.

Fundación Laxeiro

Para Roberto Varela a creación da Fundación Laxeiro a finais dos anos noventa supuxo “un impulso decisivo neste exercicio de memoria histórica” e o traballo que están a levar a cabo os seus responsables en múltiples ámbitos (expositivo, didáctico, de investigación) “contribúe de xeito notable non só á difusión da obra de Laxeiro senón tamén a promoción de toda a cultura contemporánea galega”.

Nesta liña o representante de Cultura recordou fitas coma a recente presentación do catálogo universal da obra do pintor, “constitúen propostas de altísimo nivel, proxectos esenciais dentro do panorama cultural do noso país”. Encanto as iniciativas como a creación do Premio Laxeiro constitúen, segundo Roberto Varela, “unha importante tarefa de divulgación e resultan fermosas e necesarias”. Neste senso, Roberto Varela subliñou que Laxeiro era “xustamente, un creador preocupado pola permanencia do seu extraordinario legado artístico, cultural e humano”.

O conselleiro de Cultura e Turismo considerou que o valor deste Premio, que chega xa á súa sétima edición, “é o de reivindicar non xa a obra senón o espírito mesmo de Laxeiro a través de persoeiros fundamentais da nosa culturas e as nosas artes, persoeiros que de formas diversas séntense próximos a este espírito”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-02-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (vazquez_caballero_38congreso.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania