Notas de prensa

Feijóo eloxia a figura de Xerardo Fernández Albor que gobernou con exemplos e valores

O presidente da Xunta cualificou a Albor coma “un especialista en reunificacións” e “experto en demoler muros coa forza inmensa do sentido común e a tolerancia”. Resalta que Albor “axuda a unificar á Galicia saída da negra sombra”, e que pertence a unha xeración de “bos políticos e boas persoas” que asentan Europa e Galicia en dous alicerces: institucións e exemplos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, eloxiou a traxectoria de Xerardo Fernández Albor, “unha figura capital do noso pasado” que, dixo, “gobernou con exemplos nun momento da historia en que Galicia estaba orfa deles”. Así se expresou no acto de presentación do libro Galicia, 25 anos despois. Homenaxe a Gerardo Fernández Albor, editado pola Universidade de Santiago de Compostela.

A personalidade de Albor, en palabras do presidente da Xunta, “sintetiza o que fomos, o que somos e o que queremos ser”, tal e como recolle o libro que o homenaxea e do que Feijóo salientou a descrición que nel ofrece o seu neto, quen destaca “a súa paixón por transmitir valores”.

Gobernar con valores

O xefe do Goberno galego quixo poñer de relevo a persoa de Albor, cuxo legado aínda non perdeu vixencia porque se enmarca na corrente das democracias modernas onde se goberna “producindo leis e producindo exemplos”, dixo. “Galicia non tiña entón puntos de encontro institucionais, nin tampouco exemplos compartidos”, apuntou Feijóo, quen sinalou que o labor do presidente entón era “recoller os anacos dunha galeguidade dispersa, darlle forma e facer dela unha herdanza duradeira e común”.

“Os exemplos non se lexislan; inspíranse”, por iso, a única maneira de facer que ese galeguismo de todos xermolase, era mediante unha permanente actitude persoal que Albor “mantivo na prosperidade e na adversidade, dando fe de que o seu matrimonio con Galicia era de por vida”, remarcou Núñez Feijóo.

Os dirixentes como Fernández Albor, “teiman por ser bos políticos e boas persoas”, resaltou. “Cren que esa combinación é a principal defensa contra as pantasmas do pasado, contra o pesimismo, contra o eterno retorno de loitas e conflitos fratricidas. E acertan”, enfatizou.

Especialista en reunificacións

No seu discurso, cualificou ao que foi presidente da Xunta como “un especialista en reunificacións” e “un experto en demoler muros coa forza inmensa do sentido común e a tolerancia”. A súa traxectoria, segundo Feijóo, é “un constante ir e vir entre Galicia e Europa, entre Europa e Galicia, levando sempre na maleta a fe inmensa no ser humano que distingue á súa xeración”.

“Os galegos ven nel un dos seus, e el ve nos galegos o país soñado polo galeguismo cordial e goberna con eses valores”, abondou. Eses principios, “non se perden nunca, aínda que episodios pouco gratos torzan o destino. Se don Xerardo trae primeiro de Europa europeísmo, leva despois ao corazón da política europea a nosa maneira de entender o mundo”.

Unha xeración de “bos políticos e boas persoas”

Resaltou que Albor “axuda a unificar á Galicia saída da negra sombra”, e que pertence a unha xeración de “bos políticos e boas persoas” que asentan Europa e Galicia en dous alicerces: institucións e exemplos. Unha xeración que, aínda que, “non ten nome propio”, observou, pode recoñecerse como “a xeración dos valores”. Segundo asegurou, “todas as democracias, precisan de exemplos para non perder vigor e non caer na rutina tecnocrática, que podan compartir todo un país e capaces de unir a diferentes xeracións”.

Xerardo Fernández Albor pertence a unha xeración de políticos que “desminten unha teoría que formula Maquiavelo, chega ata Max Weber e ten en Ortega y Gasset o seu epígono español”, na que o político debe abandonar a ética humanista para abrazar outra na que soamente predomina o fin; e, se non o fai, “poderá ser considerado unha boa persoa, pero dificilmente servirá á súa comunidade”.

Sen embargo o mandatario galego destacou que “estes tres notables pensadores terían que refacer hoxe as súas teses”. “Nos comezos da nova Galicia que nace da man da España democrática, hai valores que recollen sentimentos agochados no noso pobo e os converten en autogoberno”, manifestou. “En ambas as dúas epopeias, están homes que, lonxe de renunciar ao seu humanismo, o utilizan como ferramenta esencial. Jean Monnet e Schuman; Ramón Piñeiro e o presidente Fernández Albor; e tantos outros que descobren a verdade esencial de que unha comunidade democrática precisa algo máis que fríos mecanismos de poder para sobrevivir”, esgrimiu.

De todos eles, destacou Feijóo que son “homes de posguerra”. “Saben cales foron as últimas consecuencias dun poder exercido sen valores, e loitan por evitar que a historia se repita. Non buscan inspiración neses modelos pesimistas que preconizan unha política espida de principios, senón que recollen o exemplo da xente e constrúen con el os alicerces dunha autonomía, e os fundamentos dunha Unión Europea”, reflexionou.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-02-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (vazquez_caballero_38congreso.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania