Notas de prensa

Preto de 250 centros acollerán o practicum do Máster en Profesorado

A Consellería de Educación e as Universidades galegas acreditan preto de 250 centros nos que se desenvolverá o practicum do Máster de Profesorado, para o que se preparan os distintos convenios e a orde reguladora.

Os responsables da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acreditaron xunto aos das tres universidades galegas 250 centros nos que se desenvolverá o practicum relativo ao Máster de profesorado, e que responde a orde publicada no DOG o pasado 5 febreiro.

Pasaron por San Caetano os responsables universitarios das tres comisións de seguimento encargadas da aprobación e consecuente designación de centros de prácticas, segundo as súas propias suxestións. Os encontros están relacionados cos desenvolvemento da parte práctica do Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas en Galicia no curso 2009-2010, e que xa están a cursar máis de seiscentos alumnos e alumnas.

Ademais Educación comprometeuse a recibir suxestións de mellora e manter reunións durante os meses de marzo e abril para consensuar os convenios e a orde relativas ao máster do curso 2010/2011, co fin de evitar os retrasos deste ano debidos aos impedimentos postos polo Ministerio.

Os principais beneficiados do traballo desenvolvido pola Xunta de Galicia serán os alumnos e alumnas, que se viron afectados pola lentitude coa que actuou o Ministerio de Educación cando impuso os novos estudos para lograr a titulación precisa para impartir clases, tras negarse a prorrogar o antigo CAP.

O novo Máster Universitario para o Profesorado, asinado entre a Consellería e as universidades galegas segundo as indicacións do Ministerio, é un dos máis económicos dos estudos de máster, cun custe de 1.155,60 euros. En total son 60 créditos, de 19,26 euros cada un deles. Destes, 8 correspóndense ao Practicum, divididos en 12 para as prácticas, 6 saíran do traballo de fin de máster. Esta acordo garante desde este curso a formación aos alumnos, seguindo as directrices do Goberno Central.

Educación recorda que os acordos relativos ao Máster foron redactados atendendo ás suxestións das universidades. Entre elas destaca o incremento das prazas finalmente ofertadas, xa que no protocolo asinado inicialmente entre as tres universidades e o bipartito se contemplaba un total de 600 prazas, mentres que agora -grazas ao esforzo e apoio da actual Consellería de Educación- se ofertan 740 no SUG (Sistema Universitario Galego), distribuídas segundo especialidades e universidades respondendo a proposta das tres universidades.

Posición de ELGa

NotaELGa, como asociación Universitaria que es y en representación de cientos de estudiantes, quiere mostrar el descontento con la gestión que se esta haciendo por parte de las universidades del nuevo máster de profesorado de secundaria obligatoria, bachillerato y escuelas de idiomas.

El malestar de los alumnos parte de que a día de hoy y a falta de un mes para el comienzo de la realización de las prácticas los estudiantes no saben en que centro las realizaran ni siquiera si podrán hacerlas.

Desde ELGa queremos mostrar nuestro apoyo a los estudiantes de este nuevo master, así como revindicar ante las universidades de Galicia que este titulo es indispensable para la obtención de un puesto de trabajo en la docencia, por ello exigimos que no se juegue con el futuro de los estudiantes y se tomen medidas para solucionar esta incertidumbre.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (vivienda_fachada_3.jpg) La compraventa de viviendas cayó un 27,4% en 2011, con respecto a la cifra alcanzada en 2010, en Galicia, hasta las 16.390 operaciones, con lo que revierte el resultado del año pasado en el que las compras crecieron un 6%, de acuerdo con los datos publicados por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Foto de la tercera plana (montaje_vazquez_vazquez.jpg) Guillerme Vázquez (BNG) ha instado a los miembros de su partido que consideren que su proyecto ya no es esta formación política a que tomen la decisión sobre su continuidad "cuanto antes". Pachi Vázquez (PSdeG) ha pedido a sus compañeros de partido ser "pragmáticos" y "cerrar cuanto antes el debate orgánico".

Notas

O Goberno galego prepara a que será a primeira Lei de Telecomunicacións en 30 anos de autonomía, e avanza que as blindará como un servizo público para garantir o seu desenvolvemento coordinado e planificado. O sector aglutina en Galicia a 1.500 empresas e a 13.000 traballadores.
No marco do Festival Internacional de Cine de Berlín, que se celebra do 9 ao 17 de febreiro, a Xunta apoia á promoción do cine galego a través dun convenio para a internacionalización co Consorcio Audiovisual de Galicia. Considérase o segundo maior mercado mundial logo de Cannes, en Francia.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania