Notas de prensa

O primeiro Clúster do Granito avanza na internacionalización do sector

Economía e Industria impulsa o primeiro Clúster do Granito para avanzar na internacionalización e no desenvolvemento dun sector que factura 800 millóns de euros anuais e emprega a máis de 10.000 traballadores.

O conselleiro de Economía e Industria foi o encargado de presentar a constitución do primeiro Clúster do Granito de Galicia, que conta co definitivo respaldo do Goberno da Xunta, como unha fórmula para avanzar “na internacionalización e no desenvolvemento da I+D+i nun sector estratéxico para a Comunidade Autónoma que factura 800 millóns de euros anuais e emprega a máis de 10.000 traballadores dun xeito directo”. Javier Guerra Fernández fixo este anuncio en rolda de prensa no Porriño, logo de pechar os detalles deste nacemento cos representantes do sector.

O conselleiro de Economía e Industria salientou que o novo clúster, que contará con 200 empresas, aunará por primeira vez ás canteiras, á industria de transformación, ás empresas fabricantes de maquinaria e bens de equipo , aos marmolistas e ao Centro Tecnolóxico do Granito. Javier Guerra afirmou que “estamos ante un sector estratéxico, un sector exportador, un sector líder en España e un sector de referencia no ámbito internacional”.

Para apoiar estas afirmacións, o titular deste departamento autonómico, que estivo acompañado polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e polos representantes das asociacións que integrarán o novo clúster, explicou que “a industria e as canteiras exportan anualmente granito por valor de 100 millóns de euros, o que converte á nosa Comunidade Autónoma en líder indiscutible a nivel nacional, posto que representamos o 70% do sector do granito en España, e que a sitúa tamén como segunda industria máis importante de Europa e a quinta do mundo, competindo de xeito directo con China ou Brasil, e por diante de potencias como Sudáfrica ou Portugal”.

O impulso ao Clúster do Granito por parte da Consellería de Economía e Industria pon en valor a vocación internacional deste sector e, segundo apuntou Javier Guerra, “o apoio á clusterización é un impulso máis na procura da internacionalización dos sectores produtivos e estratéxicos de Galicia, un dos obxectivos básicos do Goberno da Xunta e para o que a Consellería ten incrementado os orzamentos para este ano nun 56% con respecto ao ano 2008”.

Javier Guerra avanzou tamén que o Clúster do Granito vai contar, como ata o de agora, cun centro tecnolóxico punteiro a nivel estatal, o que suporá “garantir a mellora das capacidades a través da I+D+i para competir a nivel internacional, grazas a un centro que xa participa do desenvolvemento de normativas como é o Marcado CE para o granito, liderando xa dende fai tempo este proceso en España”.

O conselleiro de Economía e Industria incidiu en que a clusterización do sector do granito está pensada para “potenciar un sector estratéxico de Galicia, que dispón do recurso natural, dunha potente industria, e do coñecemento e a tecnoloxía que permite chegar ata o cliente final”. Javier Guerra salientou a importancia que para o desenvolvemento económico de Galicia ten o feito de que “toda a cadea de valor do granito concéntrense na nosa Comunidade Autónoma, e que agora verase ademais reforzada organizativamente da man do clúster”.

A posta en marcha do Clúster do Granito, e o recente impulso ao primeiro clúster da xeotermia en Galicia e España, responde á política de fomento da clusterización que o Goberno da Xunta está levando a cabo a través da súa Consellería de Economía e Industria, posto que as empresas integradas nun clúster gañan vigor competitivo ao asociarse nunha actividade na que comparten numerosos intereses que propician oportunidades de colaboración que lles reportan beneficios considerables. Os clústers posúen, ademais, unha enorme capacidade para concentrar a atención das administracións públicas e doutras institucións, ao mesmo tempo que conseguen atraer inversións.

Por isto, a Xunta de Galicia está a traballar para favorecer e apoiar as iniciativas de colaboración que se produzan entre as empresas, co obxectivo de complementar as súas fortalezas e apuntalar o seu posicionamento internacional, ademais de acadar un terreo fértil para que as empresas poidan innovar.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, 2010-03-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (vivienda_fachada_3.jpg) La compraventa de viviendas cayó un 27,4% en 2011, con respecto a la cifra alcanzada en 2010, en Galicia, hasta las 16.390 operaciones, con lo que revierte el resultado del año pasado en el que las compras crecieron un 6%, de acuerdo con los datos publicados por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Foto de la tercera plana (montaje_vazquez_vazquez.jpg) Guillerme Vázquez (BNG) ha instado a los miembros de su partido que consideren que su proyecto ya no es esta formación política a que tomen la decisión sobre su continuidad "cuanto antes". Pachi Vázquez (PSdeG) ha pedido a sus compañeros de partido ser "pragmáticos" y "cerrar cuanto antes el debate orgánico".

Notas

O Goberno galego prepara a que será a primeira Lei de Telecomunicacións en 30 anos de autonomía, e avanza que as blindará como un servizo público para garantir o seu desenvolvemento coordinado e planificado. O sector aglutina en Galicia a 1.500 empresas e a 13.000 traballadores.
No marco do Festival Internacional de Cine de Berlín, que se celebra do 9 ao 17 de febreiro, a Xunta apoia á promoción do cine galego a través dun convenio para a internacionalización co Consorcio Audiovisual de Galicia. Considérase o segundo maior mercado mundial logo de Cannes, en Francia.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Xornalistas: Malos tempos para os que nos dedicamos a contar o que vemos e pensamos. Mal...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania