Notas de prensa

Xoán A. Soler gaña o I Premio A Imaxe de Galicia

O reporteiro gráfico Xoán Arias Soler é o gañador da primeira edición do certame A Imaxe de Galicia, unha iniciativa da Fundación Caixa Galicia e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) que premia a mellor imaxe informativa sobre a actualidade galega publicada nos medios de comunicación en 2009.

O traballo gañador é unha fotografía presentada ao concurso baixo o título “Infante”, que mostra a saída dos soldados da Brilat para o Líbano dende o aeródromo militar de Lavacolla, en Santiago, en abril de 2009.

A directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto, e o decano do CPXG, Xosé Manuel Pereiro, resaltaron na lectura do fallo “a habilidade do fotógrafo para enfrontar a tensión dun grupo de militares reunidos antes da súa partida mentres unha nena xoga ao seu carón, converténdose no centro da fotografía”, que foi publicada polo xornal galego La Voz de Galicia.

Ademais das súas calidades técnicas e formais, os membros do xurado, do que formaron tamén parte os fotoxornalistas Emilio Morenatti, Javier Bauluz e o galego Miguel Riopa, destacaron que Soler “consegue contrapoñer a inocencia fronte á preocupación, o xogo fronte á intervención militar e o problema familiar da separación durante meses das familias dos enviados a unha zona potencialmente perigosa no estranxeiro”.

Xoan Arias Soler ten unha longa traxectoria como fotoxornalista no día a día. Conta con varios premios, entre eles o Galicia de Comunicación do ano 2000, e participou en distintas exposicións colectivas como Un ano de Voz, cos seus compañeiros de delegación, ou Marea Negra, sobre o desastre do petroleiro Prestige.

Nunha sesión de mañá e tarde o xurado seleccionou, en primeiro termo, 50 fotografías, que serán as que formen parte da exposición “A Imaxe de Galicia” que poderá contemplarse ó longo deste ano en distintas sedes da Fundación Caixa Galicia. A continuación, o xurado debateu sobre a fotografía gañadora do certame, dotado cun premio único de nove mil euros, e logo do proceso de deliberación acordouse facer unha Mención Especial do Xurado, unha serie de Xosé Abad que amosa dúas xeracións, nai e filla, na súa vida laboral e vital. O xurado quixo destacar a calidade dos 114 traballos presentados ó certame, así como felicitar ós fotógrafos que se presentaron ó premio.

Fotografía: Xoán A. Soler

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), 2010-03-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (rubalcaba.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, que acudirá al 38º congreso de los socialistas como portavoz de la delegación gallega, asumirá la posición "mayoritaria" de los 54 delegados que apoyan a Alfredo Pérez Rubalcaba para relevar a José Luis Rodríguez Zapatero al frente de la dirección de su partido, en la pugna con Carme Chacón.
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania