
O Día Internacional da Muller Traballadora, o luns 8 de marzo, coincide este ano co centenario da Real Orde do 8 de marzo de 1910 polo que as mulleres podían estudar libremente nas universidades españolas. A Universidade de Santiago celebrou ambas as dúas efemérides cun acto protocolario que presidiu a vicerreitora de Calidade, Dolores Álvarez Pérez, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
100 anos despois: traballando conxuntamente pola igualdade de oportunidades é o lema do acto no que tamén estiveron presentes o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad; o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga; a concelleira de Benestar e Igualdade de Santiago, Mar Martín; os titulares das secretarías xerais de Universidades e Igualdade da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro e Marta González Vázquez, respectivamente; e o vicerreitor de Profesorado e Organización Académica, Juan Viaño.
Certame fotográfico
Na mesma sesión entregáronse os premios do I Certame de Fotografía ‘Ruth Matilda Anderson’ ás gañadores do concurso, Lucía Martínez, Pilar Vaamonde e Marta González. Convocado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC, o concurso pretende contribuír á realización de dúas accións recollidas no Plan de Igualdade de Oportunidades da USC 2009-2011 como son a promoción da elección de especializacións non baseadas en estereotipos de xénero e a celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.
O xurado encargado de avaliar as fotos presentadas a concurso estivo integrado por Dolores Álvarez, Margarita Ledo, Lois Celeiro, Pablo Sampedro, Vitor Vaqueiro e Trinidad de Miguel.
Coa elección da fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson para dar nome á iniciativa recoñécese a unha muller que fixo un traballo importante nun campo tradicionalmente desenvolvido por homes, ao tempo que se presta atención á súa destacable obra, na que se inclúe un retrato da muller galega dos anos 20.
Mesa redonda
Logo dun concerto de música barroca a cargo do grupo Resonet, interpretando a Barbara Strozzi, celebrouse unha mesa redonda baixo o lema ‘100 anos despois: traballando conxuntamente pola igualdade de oportunidades’. Nela participaron a escritora Teresa Moure, a astrónoma Josefina Ling, e a directora do CIFEX, Rita Radl, todas elas profesoras da USC e o sociólogo Jorge García Marín, igualmente profesor da Universidade compostelá. A coordinará da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Mª Trinidad de Miguel, encargouse de moderar a mesa.
A xornada rematou coa inauguración no mesmo Colexio de Fonseca dunha exposición na que se mostran ao público as 25 mellores instantáneas presentadas ao certame fotográfico. Esta é o inicio dunha exposición itinerante que percorrerá as facultades de Xeografía e Historia e de Ciencias da Comunicación, así como as bibliotecas Concepción Arenal de Santiago e Intercentros de Lugo.
Para os vindeiros meses, a Oficina de Igualdade de Xénero ten previsto unha serie de novas actividades dirixidas ao conxunto da comunidade universitaria entre as que se atopan un ciclo de cinema sobre a relación entre o mundo social e a muller, cursos con perspectiva de xénero para o profesorado e outras iniciativas coas cuestións de xénero como argumento central, que se van organizar en colaboración cos centros e organismos vinculados á Universidade.
La compraventa de viviendas cayó un 27,4% en 2011, con respecto a la cifra alcanzada en 2010, en Galicia, hasta las 16.390 operaciones, con lo que revierte el resultado del año pasado en el que las compras crecieron un 6%, de acuerdo con los datos publicados por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Guillerme Vázquez (BNG) ha instado a los miembros de su partido que consideren que su proyecto ya no es esta formación política a que tomen la decisión sobre su continuidad "cuanto antes". Pachi Vázquez (PSdeG) ha pedido a sus compañeros de partido ser "pragmáticos" y "cerrar cuanto antes el debate orgánico".
