O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela recolleu en Madrid o Premio de Intervención Arquitectónica concedido pola revista Descubrir el Arte, do grupo Unidad Editorial, á Cidade da Cultura como mellor proxecto arquitectónico do ano. Roberto Varela agradeceu este recoñecemento que se dá, asegurou, a “unha gran obra, unha icona e unha infraestrutura que está chamada a dinamizar a vida cultural galega nas próximas décadas”.
O conselleiro de Cultura e Turismo incidiu no Hotel Palace de Madrid no “esforzo importante” da Xunta de Galicia “para enfocar dunha maneira óptima este gran proxecto de Galicia” e de “dotalo de viabilidade inmediata”. Asemade, o responsable do departamento situou o obxectivo a curto prazo de “integrar a Cidade da Cultura no territorio, abrila e facer dela un espazo amable para todos os galegos e galegas”, insistindo na posta en marcha do complexo arquitectónico como a “obrigación apaixonante para a actual Consellería de Cultura e Turismo e, en xeral, para a Xunta de Galicia”.
Roberto Varela expuxo na súa intervención o potencial da Cidade da Cultura que “se perfila no noso horizonte como unha das grandes oportunidades de presentar e promocionar a cultura galega, así como de acoller privilexiadamente ás demais culturas”.
O conselleiro definiu ao proxecto, obra de Peter Eisenman, como “a maior infraestrutura netamente cultural que se está a executar no noso país”, un proxecto que segundo o conselleiro “influirá positivamente en toda a área do noroeste peninsular e que, sen dúbida, beneficiará ao conxunto de España”.
Premios da Cidade da Cultura
O galardón recibido esta tarde súmase a outros recoñecementos recibidos pola Cidade da Cultura ou polas persoas relacionadas coa súa construcción. Nesta traxectoria, a Cidade da Cultura recibiu o “Barcelona Meeting Point 2002” ao mellor proxecto inmobiliario nacional. En 2003, o complexo do Gaiás obtivo os premios “Arquitecture” P/A Award e Fundación Gabarrón (Valladolid) de artes plásticas, concedido ao arquitecto Peter Eisenman. No mesmo ano, o arquitecto norteamericano foi homenaxeado co premio dos III Encontros Internacionais de Arquitectura en Santiago.
En 2005 Peter Eisenman recibiu o Premio "Mario Pani” (México) debido á creatividade e vangarda nos seus deseños e destacando como o seu mellor traballo á Cidade da Cultura. No presente ano 2010 e como antesala ao “Premio de Intervención Arquitectónica” concedido pola revista Descubrir el Arte, a Biblioteca da Ciudad de la Cultura recibiu o “Golden gypsum” concedido en Madrid na categoría de Placa de Xeso Laminado.
La compraventa de viviendas cayó un 27,4% en 2011, con respecto a la cifra alcanzada en 2010, en Galicia, hasta las 16.390 operaciones, con lo que revierte el resultado del año pasado en el que las compras crecieron un 6%, de acuerdo con los datos publicados por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Guillerme Vázquez (BNG) ha instado a los miembros de su partido que consideren que su proyecto ya no es esta formación política a que tomen la decisión sobre su continuidad "cuanto antes". Pachi Vázquez (PSdeG) ha pedido a sus compañeros de partido ser "pragmáticos" y "cerrar cuanto antes el debate orgánico".
