Notas de prensa

Economía e Industria investirá máis de 24 millóns na mellora do subministro

Máis dun millón de galegos beneficiaranse do convenio de mellora do subministro eléctrico en máis de 200 concellos de Galicia por un importe de máis de 24 millóns de euros e que contempla a realización de 166 obras nos plans de mellora.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asinou un convenio de colaboración coas compañías de distribución eléctrica para apoiar o desenvolvemento de plans de mellora da calidade do servizo e subministración eléctrica, de control de tensión e de limpeza de marxes das liñas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o establecido neste acordo, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, financiará con 2,53 millóns de euros a mellora da prestación do servizo eléctrico en Galicia, co que se xerará un investimento de máis de 24,17 millóns de euros.

Neste convenio contémplase a realización global de case 260 actuacións en máis de 200 concellos galegos espallados polas catro provincias, o que supón un notable incremento con respecto ás obras levadas a cabo no periodo anterior, e que únicamente abrangueron 182 accións de mellora neste eido.

Entre as obras, que teñen un beneficio potencial para máis dun millón de galegos, están incluídas as máis de 166 dos plans de mellora do servizo eléctrico, as 30 accións pertencentes aos plans de control da tensión, e as 63 de limpeza das marxes polas que discorren as liñas. Este acordo deriva do convenio marco xa autorizado co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

O convenio de colaboración entre o departamento que dirixe Javier Guerra Fernández e as empresas distribuidoras de enerxía eléctrica para a mellora da calidade da subministración de enerxía eléctrica en Galicia para o ano 2010, enmárcase dentro dun plan cun horizonte temporal no ano 2013 e que se materializará nos vindeiros anos en próximos convenios de colaboración.

Ao abeiro deste convenio, asinado hoxe polo conselleiro de Economía e Industria e os representantes das distintas compañías, máis de 200 concellos da comunidade se verán beneficiados pola posta en marcha de iniciativas de mellora do servizo eléctrico, unha iniciativa orientada fundamentalmente de cara aos municipios rurais.

Javier Guerra lembrou que o Goberno galego “traballa para impulsar melloras que aumenten a calidade das infraestructuras e servizos, e polo tanto a calidade de vida en todos os concellos de Galicia”.

Segundo o conselleiro de Economía e Industria, “é fundamental incentivar a mellora da calidade dos servizos eléctricos que as compañías prestan aos Galegos para asegurar o axeitado desenvolvemento das nosas vilas e cidades e o respecto aos dereitos dos consumidores, garantindo a mellora continuada dos servizos de subministro enerxético”.

No acto de sinatura estiveron presentes, ademais do conselleiro de Economía e Industria, o conselleiro delegado de Gas Natural/Unión Fenosa, Rafael Villaseca; o presidente de Begasa, Miguel Antoñanzas Alvear; o presidente da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de Galicia, que engloba a numerosas empresas de toda a Comunidade Autónoma, José Manuel Arufe Rieiro; e Ignacio Suárez Garin en representación de Endesa, entre outros.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, 2010-03-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (vazquez_caballero_38congreso.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania