
O ministro de Fomento, José Blanco, anunciou en Ferrol unha noticia moi esperada pola cidadanía e de gran calado para Ferrol: o Goberno central sacará a información pública o estudo informativo do acceso ferroviario ao porto exterior. En palabras do alcalde, Vicente Irisarri, será o impulso definitivo a esta infraestructura chamada a converterse no motor de desenvolvemento socioeconómico non só da cidade, senón tamén da comarca de Ferrol. O ministro realizaba este anuncio na súa primeira visita institucional á cidade naval dende que asumira as súas novas responsabilidades. Visita que comezaba ás 10,30 horas cun saúdo á corporación municipal, parlamentarios, deputados, senadores e demáis autoridades, entre as que se atopaban o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e o presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe. Tras a sinatura no Libro de Ouro da Cidade, ministro e alcalde mantiveron unha xuntanza no despacho do segundo para tratar, entre outros temas, as inversións recollidas no protocolo de actuacións que ambas administracións asinaron tamén nesta visita.
Así, o salón de plenos acollía a rúbrica do protocolo de actuacións, tras o cal chegaba o anuncio de José Blanco en torno ao porto exterior. Primeiramente, o alcalde, Vicente Irisarri, daba a benvida ao ministro nunhas datas moi especiais para a cidade, xa que estes días celebra a Semana Santa e, neste ano, o centenario do nacemento de dous ilustres ferroláns, Ricardo Carvalho Calero e Gonzalo Torrente Ballester. Así mesmo, Vicente Irisarri aseguraba que a cidade esperaba grandes noticias por parte do ministro de Fomento, no que a cidadanía tiña depositadas as súas esperanzas para o avance definitivo dunha infraestructura como o porto exterior, chamado a converterse no auténtico motor económico da comarca. Unha infraestructura que permitirá facer realidade a ansiada diversificación económica mantendo a posición de liderazgo no sector da construcción naval que, dende sempre, mantivo Ferrol.
Neste análise coincidiu José Blanco, para quen Ferrol é un enclave estratéxico que non se entende sen o seu porto. Porto que, tal e como recordou Vicente Irisarri, cumpre este ano o século de vida. E isto, en opinión do ministro, vaise a potenciar aínda máis cando o porto exterior funcione a pleno rendemento. Engadiu que é unha peza clave e os seus tráficos precisan diferentes tipos de acceso para o intercambio dun fluxo de mercadorías cada vez maior e, porque o porto vai a estar a punto para poder aproveitar ao máximo as súas ventaxas competitivas no momento que se complete a ampliación do canal de Panamá, Portos do Estado e a Autoridade Portuaria de Ferrol encargaron un estudo que permitirá coñecer cales son as actuacións necesarias para convertir a Ferrol no porto hub do Atlántico español, onde chegue e se redistribúa a carga das grandes navieiras que atravesan o canal aproveitando a súa ampliación. Por iso, José Blanco explicou que, despois de culminar o ramal por estrada, agora é preciso avanzar no acceso por ferrocarril e o Ministerio de Fomento non quere perder nin un minuto máis na súa tramitación. Por iso, o ministro anunciou que despois da Semana Santa, o 7 de abril, sairá a información pública o estudo informativo do acceso ferroviario ao porto de Ferrol. Na súa opinión, é necesario e coherente coa política do Goberno de España. Unha política que, tal e como explicou, aposta por dotar de transporte intermodal as grandes áreas loxísticas e industriais do Estado, como é Ferrol e o seu porto.
Doutra banda, José Blanco tamén asegurou ser consciente do tamaño que está adquirindo a rede industrial e empresarial que se configura por toda a comarca arredor da cidade, polo que dende o Ministerio de Fomento se quere aproveitar todas as oportunidades que o porto exterior vai a crear para a área da Galicia Atlántica. Por iso, é preciso facilitar espacios e crear dinámicas que favorezan a acción das empresas que xa operan e queren operar nel. De maneira que todo o texido económico se acople e estruture do modo máis eficiente. Así, Blanco anunciou tamén que o ministerio xa está a traballar sobre a proposta planteada polo alcalde, Vicente Irisarri, de trasladar as mercadorías ferroviarias fóra da cidade á plataforma loxística de Leixa-Río do Pozo. ¿Como? A través dun estudo de viabilidade que o ministro espera ter listo antes de que remate o verán.
Por último, José Blanco aludiu ao protocolo de colaboración asinado co alcalde para o desenvolvemento de obras en estradas do Concello e para a transferencia da titularidade dalgunhas vías. En virtude do mesmo, o Concello manifesta a súa intención de aceptar a transferencia da titularidade dalgúns tramos da Rede Estatal que, co paso do tempo e o desenvolvemento económico e social, quedaron absorbidos dentro do núcleo urbano da cidade e o seu entorno metropolitano, tendo actualmente carácter urbano. Esta situación se dá, concretamente, nalgúns tramos das estradas FE-11, na Avenida de Esteiro e Estrada da Trincheira, na FE-13 Avenida de Nicasio Pérez e na FE-14 Avenida das Pías. Así mesmo, o Ministerio tamén asume o compromiso de redactar e aprobar os proxectos de obras de mellora dunha serie de tramos urbanos e proceder á elaboración dos mesmos en colaboración co Concello, executando as ditas obras. Nos seguintes emprazamentos: mellora puntual da seguridade vial na estrada FE-14, mellora da permeabilidade vial no enlace de O Sino, mellora puntual da seguridade vial na FE-13, Avenida de Nicasio Pérez e conexión da FE-11 (estrada da Trinchera) coa FE-14 (rúa Nova de Caranza).
El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.
