Notas de prensa

Homenaxe ás poetas de dous séculos e dous mundos Alfonsina Storni e Rosalía

A subsecretaria de Cultura arxentina, Josefina Delgado, biógrafa de Rosalía de Castro, destacou as semellanzas nas historias de ambas as dúas mulleres na conferencia pronunciada no Salón Dourado da Lexislatura porteña.

O Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, foi o encargado de dar apertura á conferencia “Alfonsina Storni e Rosalía de Castro, poetas de dous séculos e de dous mundos” realizada no Salón Dourado da Lexislatura porteña, organizado pola Subdirección de Cultura da Cidade coa colaboración do Goberno galego.

López Dobarro agradeceu á Lexislatura da Cidade de Buenos Aires, así como ao Ministerio de Cultura da Cidade o ter acollido de tan bo grado esta iniciativa sobre “dúas mulleres senlleiras das letras” que “non compartiron época nin territorio” pero que “teñen tantas cousas en común”. Así mesmo, Dobarro salientou que esta actividade forma parte das programación da Delegación do Goberno galego en Buenos Aires con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Uxío Novoneyra.

Alfonsina Storni

A Subdirectora de Cultura do Goberno da Cidade Autónoma, Josefina Delgado, abordou no seu relatorio a figura e a obra da poeta arxentina –nacida en Suíza- Alfonsina Storni, de quen é biógrafa e estudiosa. Na súa alocución, Josefina Delgado trazou as liñas de unión e separación entre as dúas escritoras. Diferenciadas polas épocas e os contextos sociais, políticos e nacionais, Rosalía e Alfonsina compartiron, segundo Delgado, a súa característica de “mito popular” ao tempo que amosan “tras esa primeira impresión melancólica”, unha posición de vangarda e de ruptura co papel que se espera delas como poetas e como mulleres.

“As dúas, sen dúbida, -propuxo Delgado- tiveron que loitar contra avatares e feridas semellantes que marcaron un derroteiro que só atopa solución na poesía, que é a voz dos que non poden ser ouvidos doutro xeito”. Así mesmo, desvelou feitos pouco coñecidos da biografía de Alfonsina Storni, como que foi, en 1924, unha das tres poñentes que representaron a Arxentina no Primeiro Congreso Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade.

Para Delgado, Alfonsina, como en parte Rosalía, toma como tema principal a crítica á sociedade patriarcal e a desigualdade entre os homes e as mulleres. Pero faino, segundo explica, mediante un desdobramento do eu poético que funciona como eficaz mecanismo de comunicación que agocha detrás do eu lírico unha conversa coa súa verdadeira personalidade e o diálogo con outras mulleres.

Rosalía de Castro

A semblanza de Rosalía de Castro comezou pola descrición do tempo que lle tocou vivir. A súa orixe, a formación cualificada que recibiu e a súa escolla do idioma galego forman parte de unha historia que aínda está sen contar en Buenos Aires. Nesta liña, o profesor Carlos Brandeiro expuxo as facianas máis afastadas da Rosalía lírica e aldeá.

Segundo expuxo, Rosalía de Castro foi unha muller de “alma rupturista” que denunciou as inxustizas do momento que lle tocou vivir e que proclamou a validez do galego para a poesía e a literatura”. “Rosalía foi unha muller que defendeu as mulleres redefinindo o seu papel na literatura”, remarcou Brandeiro.

Ademais da súa defensa da muller, Rosalía dignificou aos traballadores, aos campesiños e converteuse coas súas obras nunha figura das letras non só galegas senón tamén castelás, resumiu Carlos Brandeiro.

Durante o encontro recitáronse os textos “Xan” de Rosalía de Castro e “Capricho” Alfonsina Storni. Ao remate, proxectouse un vídeo cun compilado de imaxes e referencias dos contextos sociais, culturais e vitais das dúas autoras.

Xacobeo e Bicentenario

María Amelia Alonso, asesora da Xefatura de Gabinete do Goberno da Cidade e coordinadora da conferencia, puxo o énfase na elección destas dúas figuras das letras arxentinas e galegas como un símbolo que resume o espírito de encontro que este ano amosan o Xacobeo 2010 e o Bicentenario da República Arxentina.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (vazquez_caballero_38congreso.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania