Notas de prensa

Portos de Galicia e ENCE manterán o Porto de Ribadeo como opción loxística complementaria para satisfacer a necesidade de transporte da empresa

ENCE agradeceu o interese demostrado por Portos de Galicia para acadar o acordo polo que se mantén parte do tráfico de pasta de celulosa desde o porto de Mirasol. A solución loxística do porto de Ribadeo é complementaria coa oferta de transporte de FEVE e o porto de Xixón para o transporte de pasta de papel e madeira desde e cara Navia.

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, e ENCE pecharon un acordo polo cal se confirma a aposta por manter durante os vindeiros dez anos o porto de Ribadeo como opción loxística complementaria cara ás necesidades de transporte de ENCE. Mediante este acordo, ENCE comprométese a manter a súa actividade no porto de Mirasol como importante opción loxística no só para os movementos que seguirán sendo necesarios durante o desenvolvemento da infraestrutura ferroviaria prevista, tamén para as mercadorías adicionais e a pasta de papel derivada de ampliacións de capacidade da fábrica de Navia.

En total, o acordo contempla o transporte de entre 1 e 1,5 millóns de toneladas de pasta de celulosa que seguirán saíndo polo porto de Mirasol ata o ano 2020, mantendo así a súa actividade como centro xerador dun importante tráfico de mercadorías.

Durante a reunión mantida na Consellería do Mar, ENCE agradeceu o interese demostrado por Portos de Galicia para acadar o acordo polo que se mantén parte do tráfico de pasta de celulosa desde o porto de Mirasol, e que confirma -como a compañía de xestión forestal sostible vén asegurando- que Ribadeo seguirá sendo unha opción na súa planificación loxística, sen que esta alternativa afecte ao contrato firmado con FEVE.

Portos de Galicia vai acometer a curto prazo actuacións de mellora que tamén supoñen un importante esforzo inversor como son a dragaxe da canle de navegación e a mellora da liña de atraque do peirao, nun investimento que suporá uns 2,6 millóns de euros ou o estudo do nó loxístico de Ribadeo, con todos os axentes implicados na cadea loxística de transporte do tráfico de pasta de papel, que permita optimizar as operacións.

Segundo manifestou ENCE, o acordo coa Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, e o proxecto en desenvolvemento con FEVE son dúas medidas complementarias que garanten a medio e longo prazo a sostenibilidade das súas operacións desde o punto de vista económico, social e ambiental.

O Grupo ENCE está convencido de que o seu beneficio socioeconómico, aumentado agora coa ampliación da fábrica asturiana de Navia, seguirá sendo importante nesta zona da comunidade galega coa que a compañía ten un claro compromiso social, económico e ambiental.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-06-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (rubalcaba.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, que acudirá al 38º congreso de los socialistas como portavoz de la delegación gallega, asumirá la posición "mayoritaria" de los 54 delegados que apoyan a Alfredo Pérez Rubalcaba para relevar a José Luis Rodríguez Zapatero al frente de la dirección de su partido, en la pugna con Carme Chacón.
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania