
A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, organiza o venres 25 de xuño na Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP), unha xornada de traballo na que participarán redeiras que representan a 10 asociacións profesionais e a Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”.
O obxectivo deste encontro, que inaugurarán o secretario xeral da Consellería do Mar, Francisco Vidal-Pardo e a secretaria xeral de Igualdade Marta González, é reforzar o papel das organizacións a través do intercambio de experiencias e debater problemas que afectan ao desenvolvemento deste sector. Así, esta xornada servirá para dialogar sobre temas como o intrusismo profesional e o labor da Xunta en canto a inspección da actividade, a cualificación profesional e o certificado de profesionalidade, así como sobre réxime especial dos traballadores do mar.
A presentación de proxectos no marco do eixo 4 do Fondo Europeo da Pesca (FEP), a carta de artesán como selo diferenciador e marca de garantía e a Rede Española de Mulleres da Pesca, serán outros dos temas que se tratarán neste encontro, no que ademais de representantes da Consellería do Mar, participará persoal da Consellería de Traballo e Benestar, da Consellería de Economía e Industria e doutras administracións. O acto será clausurado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo.
Con este tipo de iniciativas, a Consellería do Mar busca avanzar na profesionalización, abordar obstáculos que afectan ás profesionais do sector e facer visible a labor realizada polas traballadoras que realizan unha actividade moi importante no sector pesqueiro. O departamento que dirixe Rosa Quintana ten como obxectivo o seu recoñecemento profesional xa que o oficio de redeiras ocupa o primeiro lugar na lista de prioridades da Lei de Galicia 2/2007, de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, que acudirá al 38º congreso de los socialistas como portavoz de la delegación gallega, asumirá la posición "mayoritaria" de los 54 delegados que apoyan a Alfredo Pérez Rubalcaba para relevar a José Luis Rodríguez Zapatero al frente de la dirección de su partido, en la pugna con Carme Chacón.
La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.
