Notas de prensa

Economía e Industria inviste preto de 5 millóns no Foexga 2010

A Xunta incrementa a súa dotación orzamentaria para o Foexga 2010 nun 38,4% con respecto ao exercicio anterior, e nun 59,4% en relación co 2008. A Consellería de Economía e Industria incrementa tamén o número de accións de case todos os capítulos do Foexga 2010 até chegar as 159 co obxectivo de reforzar a presenza do comercio e a industria galega nos mercados internacionais.

O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, acompañado pola directora xeral de Comercio, Nava Castro, e os presidentes das nove cámaras de comercio de Galicia presentou o programa de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e as cámaras oficiais de comercio en virtude do cal se subvencionará o Plan de Fomento das Exportacións Galegas (Foexga 2010) con preto de 5 millóns de euros para poñer en marcha 159 accións a prol da internacionalización do comercio e da industria galega, un investimento que a Xunta ten aumentado nun 38,4%, con respecto ao pasado exercicio, e nun 59,4%, en relación ao aportado pola Xunta no 2008.

Este programa inscríbese dentro das políticas de fomento da internacionalización das empresas galegas promovidas pola Consellería de Economía e Industria que co financiamento de iniciativas como o Plan Foexga, abrangue o desenvolvemento dunha pluralidade de actuacións coas que se pretende estimular e incentivar o comercio e a industria galega mediante a subvención de misións empresariais a outros países, a participación de axentes comerciais estranxeiros nos principais eventos comerciais da Comunidade Galega ou a presenza de bolseiros galegos e de promotores de negocios en diferentes lugares do mundo.

O departamento que dirixe Javier Guerra incrementou en 46 o número de accións a desenvolver ao abeiro deste programa e chegou a un total de 159 iniciativas proxectadas para o presente exercicio. Ademais, a Consellería de Economía e Industria aumentou a súa aportación económica en 11 dos 12 capítulos do Foexga 2010 e as accións a desenvolver en todos eles.

As 30 misións comerciais directas subvencionadas están orientadas á realización de prospeccións dos mercados internacionais e ao establecemento de contactos empresariais entre Galicia e países como Xapón, Francia, Portugal, Angola, México, Marrocos, Cabo Verde, Irán, Guinea Ecuatorial, República Dominicana, Venezuela, Exipto, Siria, Perú, Ecuador, Dubai, Chile, Ucraína, Arxentina, Uruguai, Serbia, Macedonia, Albania, Alemaña, Polonia, Bulgaria, R. Checa, Hungría, Vietnam, Kazajastán, Bélxica / Luxemburgo, Suíza, Canadá, Australia ou EEUU. Neste capítulo elevouse nun 9,75% o financiamento da Xunta e en 5 as misións a desenvolver.

A través do Foexga tamén se incentiva a posta en marcha de 26 misións comerciais inversas, 6 más que no 2009, co obxectivo de que compradores e distribuidores de Europa, África, Asia, América do Norte e do Sur coñezan “in situ” as empresas e produtos galegos. Esta sección ten recibido un 27% máis de apoio por parte da Xunta no exercicio en curso, con respecto ao pasado.

Ao abeiro deste convenio, se financia, cun aumento do 29%, a participación das empresas galegas en 23 feiras internacionais que presentan un especial atractivo para os produtos da Comunidade Autónoma, porque estes encontros, ademais de servir como plataformas para publicitar os produtos galegos, constitúen un escenario axeitado para poñer en contacto a empresarios con distribuidores, coñecer a evolución do sector, as súas últimas innovacións e tendencias e determinar a dimensión da competencia.

O Foexga 2010 tamén apoia, cun incremento do 61%, un total de 16 visitas a feiras no exterior, 5 máis que na pasada edición, por tratarse duns encontros que representan un especial atractivo para as empresas galegas.

Aposta polas economías emerxentes

Na estratexia do Foexga 2010, a presencia galega nos mercados das chamadas economías emerxentes adquiren unha especial relevancia, de tal xeito que se ten habilitado un capítulo específico para o financiamento de misións comerciais plurisectoriales de carácter estratéxico, mediante o cal a Xunta financia o 60% de 2 misións comerciais a Porto Rico e Brasil.

Outra das liñas de actuación deste plan pasa por financiar a presenza de promotores de negocios en Brasil, Rusia e China, como novo destino, o que supón un incremento orzamentario do 32%. Estes profesionais adícanse a prestar sevizos de apoio, asistencia e asesoramento ás actividades de exportación e internacionalización da economía galega, reforzando a presenza comercial e industrial das empresas galegas en países que polas súas condicións macroeconómicas, cun crecemento elevado económico e social, presentan especial interese para as empresas de Galicia que queren desenvolver as súas actividades de exportación e cooperación internacional.

Por outra banda, esta iniciativa facilita a inserción de 18 bolseiros-promotores nestes mercados internacionais, como unha aposta pola formación de recursos humanos especializados neste eido. Estes bolseiros desenvolven a súa labor nos mercados nos que se detectan vantaxes competitivas e posibilidades para a promoción das exportacións galegas tales como: Xapón, Francia, Marrocos, Portugal, China, EEUU, México, Perú, Emiratos Árabes, Alemaña, Colombia, India, Irlanda, Ucraína, Bélxica, Suíza, Bruxelas..

Ao mesmo tempo, se poñerán en marcha 7 accións sectoriais inversas e 20 accións sectoriais directas para fomentar as exportacións en sectores como o pesqueiro, o vinícola, a construcción ou as enerxías renovables, en: China, India, Canadá, Xapón, USA, México, Brasil, Bélxica e Rusia. As accións directas aumentaron considerablemente, con respecto a 2009, pasando dun total de 6 a 20 iniciativas, en 2010. Neste capítulo a CEI incrementa a súa achega en 253.230 euros, un 290% máis.

Asemade, se realizarán 7 misións coa finalidade de realizar exposicións de produtos galegos dirixidas a un público obxectivo e concreto en Europa, Asia e América para fomentar a cooperación inter-empresarial, o contacto coas empresas estranxeiras, favorecer acordos comerciais, financeiros industriais, tecnolóxicos,... etc.

O Plan Foexga tamén permitirá realizar 5 accións adicadas a actividades de estudo e coñecemento para analizar mercados con posibilidade de penetración para os produtos galegos, e desenvolverá un plan global de comunicación, dirixido a empresas e entidades galegas, e reformarán a páxina web para crear un novo portal máis accesible e eficaz, para dar a coñecer as actividades desenvolvidas mediante esta iniciativa.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (rubalcaba.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, que acudirá al 38º congreso de los socialistas como portavoz de la delegación gallega, asumirá la posición "mayoritaria" de los 54 delegados que apoyan a Alfredo Pérez Rubalcaba para relevar a José Luis Rodríguez Zapatero al frente de la dirección de su partido, en la pugna con Carme Chacón.
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania