Notas de prensa

A formación do ISSGA e a Fundación Laboral da Construción de Galicia colaboran para a obtención da tarxeta profesional

A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e o presidente da Fundación Laboral da Construción de Galicia (FLC) veñen de asinar un convenio de colaboración en Lugo. A formación que imparta o ISSGA, tanto a traballadores como a desempregados do sector da construción, será recoñecida para a posterior obtención da Tarxeta Profesional da Construción.

A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja García, e o presidente da Fundación Laboral da Construción de Galicia (FLC), Hipólito Trinidad Losada, acompañados da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, asinaron na delegación da Xunta en Lugo un convenio de colaboración para o recoñecemento da formación preventiva impartida polo ISSGA a efectos da obtención da Tarxeta Profesional da Construción.

A Tarxeta Profesional da Construción (TPC) é o documento expedido pola FLC co obxectivo de acreditar, entre outros datos, a formación específica recibida do sector polo traballador en materia de prevención de riscos laborais, así como a categoría profesional do traballador e os períodos de ocupación nas distintas empresas nas que vaia exercendo a súa actividade.

De conformidade co convenio asinado hoxe, a formación que imparta o ISSGA a traballadores ou desempregados do sector da construción en materia de prevención de riscos laborais será recoñecida pola Fundación Laboral da Construción aos efectos da obtención por parte dos alumnos da Tarxeta Profesional da Construción.

A mesma axustarase ás condicións establecidas no Libro II do IV Convenio Colectivo Xeral do Sector da Construción respecto da obriga de formación en materia de prevención de riscos laborais e da TPC.

Este convenio de colaboración enmárcase ao abeiro do Plan de Actividades 2010 do ISSGA para a mellora das condicións de seguridade e saúde laboral e a redución de riscos laborais, en accións dirixidas á construción, que constitúe o sector co maior índice de incidencia de accidentes.

No ano 2009 producíronse 8.416 accidentes leves (o 97,93% do total); 154 graves (o 1,79% do total) e 24 accidentes mortais (0,28% do total). No primeiro semestre deste ano o número total de accidentes ocorridos no sector foi de 3.806 (dos que 73 foros graves e 7 mortais).

Na sinatura deste convenio estiveron presentes tamén os vicepresidentes da FLB, Jesús Varela Lodeiro e Manuel García González.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, 2010-08-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (vazquez_caballero_38congreso.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania