Notas de prensa

A Xunta e axentes sociais establecen medidas para o desenvolvemento tecnolóxico

Achegar a banda larga a todos os galegos no 2013, conseguir que no 2012 o 100% das axudas se tramiten telemáticamente e reducir nun 30% os documentos e cargas administrativas a empresas, entre os obxectivos.

Os axentes sociais e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, acordaron na Mesa 2 de Diálogo Social o desenvolvemento de 28 liñas de actuación en materia de novas tecnoloxías para avanzar na implantación efectiva das TIC na Comunidade. Así o explicou a responsable deste departamento autonómico, Mar Pereira, nunha rolda de prensa na que tamén intervíu o director xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Jaime Bouzada.

As liñas de actuación en materia de novas tecnoloxías, aprobadas polos representantes sindicais e empresariais abranguen o desenvolvemento de infraestruturas de banda larga, a extensión do modelo de eGoberno ás administracións públicas galegas, a racionalización e simplificación administrativa, a incentivación e desenvolvemento do sector TIC galego, o impulso da alfabetización dixital e a potenciación do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia.

Banda larga

A secretaria xeral de Modernización destacou que o primeiro paso para poder avanzar na integración definitiva de Galicia na sociedade da información é o desenvolvemento dunhas infraestruturas de telecomunicación adecuadas. Por iso se puxo en marcha o Plan de Banda Larga de Galicia (2010-2013) para posibilitar o acceso a banda larga a todos os galegos no 2013, independentemente dos condicionamentos xeográficos da zona na que vivan e que sexa un dos motores principais para o desenvolvemento de Galicia.

Con respecto a esta medida, o acordo coa Mesa 2 de Diálogo social contempla a posta en marcha dun plan sectorial de infraestruturas de redes públicas necesario para unha axeitada ordenación do territorio en función dos servizos de telecomunicacións a prestar á cidadanía. Un dos obxectivos prioritarios do plan será acadar un maior nivel de emprego de calidade neste sector.

Para facilitar o despregue da banda larga na Comunidade tamén se acordou maximizar a coordinación e o aproveitamento das infraestruturas coas que contan os concellos (redes tubulares, canalizacións, etc.), ofrecer apoio na tramitación de licenzas e en procesos administrativos asociados e o establecemento dun rexistro de demandantes, como mecanismo que permita recompilar información da cidadanía sobre a demanda real de banda larga non satisfeita.

Ademais, incentivarase o uso de Internet mediante actuacións de difusión e formación para o uso da banda larga nos concellos unha vez realizado o despregue.

eGoberno

Outra das apostas da Administración galega, segundo indicou Mar Pereira, é avanzar cara o modelo eGoberno, unha nova forma de relación entre Administración cidadanía e empresas que se concreta en cinco áreas de actuación, eAdministración, eConcellos, eEducación eSanidade e eXustiza, como se acordou cos axentes sociais.

O obxectivo final da eAdministración é mellorar e potenciar a accesibilidade e a transparencia poñendo á disposición dos actores sociais os medios que lles permitan interactuar telemáticamente coa Administración. A iniciativa eConcellos busca sentar as bases dun desenvolvemento coordinado e sostible da eAdministración nas Entidades Locais galegas, que permita dar maior valor aos investimentos realizados e mellore a penetración da eAdministración na sociedade galega.

En canto ao desenvolvemento da eEducación, a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia suporá a conversión dos colexios e institutos galegos en Centros Educativos Dixitais (Proxecto Abalar).

Dentro do ámbito da eSanidade, realizouse a integración de toda a información clínica nun documento dixital e a súa posta a disposición dos profesionais sanitarios. Este fito permite que calquera paciente poida ser atendido en distintos puntos de Galicia en calquera dos niveis asistenciais (Historia clínica Única). En relación coa eXustiza estase a traballar no desenvolvemento das TIC para a mellora da Administración de Xustiza en Galicia a través do Plan Senda 2014.

Racionalización e simplificación administrativa

A secretaria xeral de Modernización incidiu na importancia de avanzar cara un novo modelo de administración máis transparente, accesible e que suprima todos os trámites ou requirimentos que non aporten un valor necesario.

Para conseguilo a Secretaría Xeral prevé a implantación progresiva da administración electrónica nos procedementos administrativos a través dos que cidadáns e empresas se relacionan coa Administración. Así en 2011 todos os procedementos afectados pola Directiva de Servizos (aqueles vinculados a emprendedores) e o 20% das subvencións se xestionarán telemáticamente. No 2012 a totalidade dos procedementos administrativos entre Xunta e Concellos tramitaranse telemáticamente e reduciranse un 30% os documentos e cargas administrativas a empresas. A previsión para o 2013 é que a totalidade das axudas se xestionen a través da vía telemática.

No ámbito da Administración tamén está prevista a posta en marcha do proxecto de personalidade administrativa dixital para evitar que os usuarios teñan que presentar documentos que xa obren en poder da Administración e a conexión dos sistemas de información da Xunta de Galicia con outras administracións públicas así como o desenvolvemento do posto de traballo dixital do empregado público.

Incentivar o sector TIC galego

Para potenciar o sector empresarial das tecnoloxías da información e a comunicación en Galicia a Xunta deseñou diferentes liñas de actuación que implican a elaboración dun Plan Integral de desenvolvemento do sector en colaboración coas organizacións empresariais e sindicais da Comunidade. Tamén se creará un Centro Demostrador de solucións para Pemes como punto de encontro entre o sector TIC galego e outros sectores representativos para a procura de solucións baseadas en software libre e a realización dun estudo sobre solucións de xestión empresarial orientadas a pequenas e medianas empresas, analizando outras iniciativas de software doutras comunidades. Nesta mesma liña desenvolverase un selo de calidade do software galego.

Alfabetización dixital e Observatorio

A través da Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica, a Xunta ofrecerá á cidadanía con máis dificultades os medios e ferramentas necesarios para integrar as novas tecnoloxías á súa vida cotiá. Con este obxectivo estase a promover a incorporación doutras entidades á rede, implicando ás entidades locais para poder estendela a todo o territorio galego.

Por outra banda, desde o pasado mes de marzo a Xunta conta co Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) como órgano asesor para a valoración da evolución da sociedade da información en Galicia e como encargado de fomentar a participación e a colaboración coas distintas administracións públicas nesta materia así como con outros observatorios, organismos e entidades para promover o intercambio de información e experiencias.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-08-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (vazquez_caballero_38congreso.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, ha mostrado su "satisfacción" por la victoria de Alfredo Pérez Rubalcaba, que este sábado ha sido elegido nuevo secretario general del PSOE, y ha afirmado: "Yo siempre dije que apostaba por él". Pachi Vázquez aboga por "pasar página" porque los enfrentamientos son "propios" del congreso pero ahora hay que "integrar, unir y ser fuertes".
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania